luns, 18 mar 2019
Abel Caballero desvelou hoxe unha nova proposta para Vigués Distinguido 2019 que nesta ocasión pasa por recoñecer aos colectivo dos axistas "polo seu traballo excepcional nun sector público de alta calidade e con visión de cidade". Este nomeamento súmase aos xa feitos públicos: Óscar Villar, director da Coral Casablanca, centros educativos e os xefes de servizo de centros de saúde dimisionarios.
luns, 18 mar 2019
Segundo informou este luns Abel Caballero, o rural vigués centra a atención deste plan municipal de obras en viais cun total de 36 actuacións en catorce parroquias. Ademais, o goberno vigués acometerá reformas na Avenida de Castelao, Areal, no túnel de Beiramar, en Arquitecto Palacios, en Urzáiz, en Luis Taboada e Carral.
luns, 18 mar 2019
O alcalde avanzou esta mañá que Vigo recibirá o próximo mércores 20 de marzo o Premio Nacional de Comercio Interior polo éxito da iluminación de Nadal. Este recoñecemento súmase ao que vén de recibir a pasada fin de semana de mans da Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia, como Mellor Proxecto de Iluminación.
luns, 18 mar 2019
O concelleiro Cayetano Rodríguez presentou xunto á presidenta da entidade, Teresa Galisteo, e ao tesoureiro, a web coa que promoven a captación de fondos para a construción da súa residencia en Coia, que terá 58 prazas.
luns, 18 mar 2019
"Pretendemos divulgar a ensinanza da música e o efecto de saber facela", sinalou o alcalde, Abel Caballero.
luns, 18 mar 2019
Abel Caballero mantivo un encontro este luns coa nova xunta directiva do Corpo Consular de Vigo, cuxo decano é Juan Manuel Vieites, cónsul de Polonia. O rexedor saudou a David García Pena, cónsul de Filipinas, Jean Baptista Chassin, cónsul de Francia, Gabriel Baltar Giraud, cónsul de Malta e Manuel Correia da Silva, vice-cónsul de Portugal desexándolles éxito no seu labor como representantes destes países na cidade.