A cidade duplicou a masa forestal urbana nos últimos anos, con 11.150 árbores nas rúas
Abel Caballero celebrou o Día da árbore compartindo con 25 alumnos do colexio Alba a plantación de catro oliveiras nas inmediacións da rúa Torrente Ballester. Tal e como lembrou, Vigo conta nestes momentos con 11.150 exemplares de aliñación nas rúas o que supón ter duplicada a masa forestal urbana nos últimos anos.
O Concello plantou no último ano 3.803 árbores, segundo indicou o alcalde en rolda de prensa, logo de compartir con 25 alumnos do colexio Alba o transplante de catro oliveiras nas inmediacións da rúa Torrente Ballester, con motivo do Día da árbore ou do Día Internacional dos bosques.
Nos últimos meses, lembrou o rexedor, o goberno local plantou exemplares en Samil, na avenida Castelao, nos parques forestais, en diferentes comunidades de montes, ademais de repoñer 620 unidades en diferentes rúas da cidade. En Vigo, precisou, hai 11.150 árbores de aliñación nas rúas, dos que 4.500 se plantaron "sendo eu alcalde", o que nos permitiu duplicar a masa forestal urbana, sen incluír as especies dos parques forestais nos que transplantaron ducias de miles.