Trasnada presenta a curtametraxe "El Hallazgo"
mércores, 8 feb 2006O grupo municipal de teatro Trasnada presentará o próximo venres a curtametraxe "El Hallazgo" ás 21 horas na discoteca Émbassi.<br />
O grupo municipal de teatro Trasnada presentará o próximo venres a curtametraxe "El Hallazgo" ás 21 horas na discoteca Émbassi.<br />
O MARCO acolle hoxe martes ás 19:30 a proxección das sete mellores curtametraxes realizadas en 2005 polos alumnos da Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia (EGACI).
O Auditorio Municipal vai ser o escenario onde se representarán, a partir do 11 de febreiro, as obras do programa "Con T de Teatro", destinadas todas elas ao público familiar. As representacións realizaranse sempre en sábado en dúas sesións: 12:00 e 18:00, con entradas a tres euros para os adultos e a dous para os nenos.
O MARCO acolle a partir de mañá venres 3 de febreiro, a mostra "Urbanitas". Nela, 30 novos creadores galegos nados a partir de 1970 presentan as súas actitudes e percepcións vencelladas ao contexto e espazo urbanos.
O Festival de "música para catro estacións" Sinsal trae a Vigo este inverno varios artistas novos que demostran como se poden renovar os discursos con talento, creatividade e ilusión, partindo dos instrumentos máis tradicionais, as estruturas clásicas e a admiración polos grandes creadores.
A alcaldesa, Corina Porro, inaugura hoxe martes ás 19:00 no Verbum a exposición "A outra cara de África", organizada pola Asociación para a Integración e o Desenvolvemento do Africano (AIDA).
O Marco acolleu a presentación do Proxecto_Edición que ten como eixo o ámbito creativo da edición como novo soporte para a creación artística
A concellería de Cultura participará a través do Arquivo Pacheco na próxima edición de Vigo Náutica Internacional co fondo fotográfico da publicación "Pano de lona" que amosa unha colección de 13 imaxes de principios do século XX cunha proposta a modo de xogo de palabras para describir en que se poden converter as velas dos barcos.
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves e o director do MARCO, Iñaki Martínez Antelo, presentaron o avance da programación do Museo de Arte Contempraneo para o periodo de xaneiro a abril de 2006. As actividades programadas son exposicións temporais, concertos e festivais, talleres de artistas, programación didáctica, cursos para adultos, servizos da biblioteca-mediateca e actividades da Agrupación de Amigos.<br />
A alcaldesa, Corina Porro, e o Valedor do Cidadán, Luis Espada, presentaron hoxe venres o libro "Rutas peonís no Concello de Vigo", no que se describen a través de información escrita, fotografías e planos 12 percorridos ligados a outras tantas zonas emblemáticas do noso municipio.