martes, 20 dec 2005
O mércores, 21 de decembro, ás 20.00 horas, terá lugar no auditorio do Centro Cultural Caixanova, a representación de MADAMA BUTTERFLY, unha das obras cumes de Giacomo Pucini, coa que se clausura a tempada Lírica de Outono, organiza polos Amigos da Opera de Vigo e patrocinada polo Concello e a Deputación de Pontevedra.
luns, 19 dec 2005
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) ofrece un taller de Manga a todas as persoas interesadas, a partir dos 14 anos. O taller, que se centrará nas nocións de debuxo e guión de Mangas, desenvolverase durante os días 27, 28 e 29 de decembro baixo a dirección do profesor de Cómic na Escola Joso de Sabadell Tomás Morón.
xoves, 15 dec 2005
O Conservatorio Superior de Música de Vigo acolle mañá venres, a partir das 20:30, unha representación da ópera de Mozart "Così fan tutte" ("Así fan todas"), dentro do ciclo musical "Lírica de Otoño", organizado pola Asociación de Amigos de la Ópera.
martes, 13 dec 2005
A Concellaría de Cultura pretende achegar a información e o coñecemento aos cidadáns. Para iso, nos dous últimos anos incrementou nun 40% o gasto dedicado a potenciar a Biblioteca Central e realizou xestións para dotar a Vigo dunha rede municipal de bibliotecas.
venres, 9 dec 2005
A compañía "Pablo Nojes e Paprika" actuará o domingo, 11 de decembro, no Auditorio Municipal no marco do circuito teatral municipal "Vigo a escena 2005" e dentro dos espectáculos dirixidos para un público familiar.
venres, 2 dec 2005
No marco da programación infantil que estase a desenvolver na Biblioteca Pública Central de Vigo, a actividade que ten lugar os sábados, "Cóntame un conto" estará dedicada o día 3 deste mes de decembro ao conto "O pez arcoiris" de Marcus Pfister. As seguintes sesións deste obradoiro serán os días 10 e 17, e estarán dedicadas a adaptación de Tareixa Alonso do conto popular "Xil Moniz" e a adaptación realizada por S. Casal e X. López do conto "O neno mosquito".
venres, 2 dec 2005
O Teatro Fraga-Caixa Galicia acollerá , o sábado 3 de decembro, o concerto do Cuarteto Quiroga e o pianista Víctor Rodríguez, que coa súa actuación pechan o ciclo "Encontros crepusculares" do Festival Are More de Vigo.No concerto, que dará comezo ás 20.30 horas, interpretarán a obra de Mozart "Cuarteto de cordas Kv499 "Hoffmeister", a de Bela Bartók "Cuarteto de cordas n. 3, Sz 85" e a de Dvorak "Quinteto para piano e cuarteto de corda op.81".
xoves, 1 dec 2005
O festival TRANSLITTERA recalará en Vigo, na sede da Fundación Laxeiro para continuar co seu labor de transgresión literaria e apertura cara outros medios de expresión. Patrocinado polo Consello da Cultura Galega, o festival é unha experiencia que, a través de cinco Fundacións espalladas por toda Galicia, amosa unha panorámica da creación poética galega máis contemporánea. A cita é o venres, desde as 20.00 horas ata as 23.00 horas.
mércores, 30 nov 2005
O Teatro Fraga-Caixa Galicia acolle o xoves, 1 de decembro, ás 20.30 horas o concerto do tenor Ian Bostridge e de Graham Johnson ao piano, que interpretarán a obra de Franz Schubert "A Bela Muiñeira" no marco do ciclo "Encontros Crepusculares" do Festival Are More de Vigo.
mércores, 30 nov 2005
Dentro da súa programación de decembro, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) acolle a partir de mañá xoves e ata o día 30 a novena edición do Festival de Cine Dixital Resfest. Este festival itinerante, que percorre diversos países dos cinco continentes, mostra os últimos traballos de cineastas independentes e de creadores consolidados no mundo da publicidade e do videoclip.