martes, 21 mar 2006
A Escola Municipal de Danza actuará no Auditorio Municipal o xoves 23, ás 20:30, co gallo do Festival dos Reencontros, unha ocasión para que os antigos alumnos da Escola se volvan reunir.
martes, 14 mar 2006
O cine Salesianos acolle o mércores o inicio das xornadas dedicadas ao cine africano "Africa, na gran pantalla", coa proxección, a partir das 21:00, da película "Alí Zaoua, príncipe de Casablanca".
xoves, 9 mar 2006
"Plantémoslle cara ás armas" é unha exposición que se pode ver no Verbum ata o día 21 de marzo que está a percorrer distintas cidades españolas dentro de campaña mundial "Armas baixo Control" organiza por Intermón Oxfam, Amnistía Internacional e a Rede Internacional de Acción contra as Armas Lixeira para conseguir un Tratado Internacional sobre o Comercio de Armas.
mércores, 8 mar 2006
O auditorio municipal proxectará dúas películas incluídas como actividades lúdicas no Congreso Internacional "Canadá e a Unión Europeo, unidos polo mar: a xestión dos océanos no século XXI". As cintas son "Wilby Wonderful" e "La Gran seducción" e se pasarán o xoves e o venres , respectivamente, ás 20.30 horas, con entrada de balde.
martes, 7 mar 2006
O programa do Festival Alternativo de Teatro e Danza ALT’06 tráenos unha versión actual da traxedia grega, desta vez centrada no tema da guerra de Troia. A representación, a cargo da compañía santiaguesa Santart, terá lugar na Casa das Artes mañá mércores a partir das 21:00.
luns, 6 mar 2006
A Biblioteca Central programa para o mes de marzo un obradoiro de prensa escrita para colexios ademais de ofrecer as actividades habituais de club de lectura de adultos e "os sábados conto".
xoves, 2 mar 2006
A Casa das Artes ensina dende o xoves un programa especial de actuacións na primeira semana do Festival Alternativo de Teatro e Danza –ALT’06- baixo o título Escénicas , cunha exposición de fotografía e proxeccións audiovisuais.
venres, 24 feb 2006
Por mor da realización dun estudo técnico da capacidade portante da estructura do Pazo-Museo "Quiñones de León" permanecerá pechado ao público entre o próximo luns, día 27 de febreiro, e o día 14 de marzo (inclusives).
venres, 24 feb 2006
O cantante Melendi protagonizará o concerto de inauguración do pavillón número 3 do IFEVI, ideado como recinto de concertos. A cita será o venres 10 de marzo ás 22 horas.
xoves, 23 feb 2006
Vigo acollerá do 8 ao 18 de marzo o seu Festival Alternativo de Teatro e Danza, que este ano chega á súa quinta edición baixo a denominación ALT’06. Con esta aposta polas creacións artísticas máis actuais e vangardistas, a Concellaría de Cultura completa unha programación estable de artes escénicas ao longo de todo o ano.