Excursións guiadas visitarán o santuario de Donón no verán

martes, 12 xul 2005

Aqueles que estean interesados en coñecer o santuario do deus Berobreo, situado no monte do Facho, en Donón (O Hío, Cangas), poden facelo a través das visitas ao xacemento organizadas de maneira paralela á exposición sobre este mesmo tema no Museo Municipal "Quiñones de León".

Obradoiro de xogos e biblioteca no Verbum

venres, 8 xul 2005

O Verbum continua esta fin de semana coas actividades de dinamización do museo co título “Obradoiro de Xogos” e visitas guiadas para familias, dentro dos acordos do convenio asinado entre a concellería de Cultura e a Universidade. O museo habilitou tamén un espacio como biblioteca.

Exhibición aérea na praia de Samil

venres, 8 xul 2005

A concellería de Cultura organiza, en colaboración co Club Aéreo de Vigo, un Festival Aéreo que terá lugar o domingo , día 10 de xullo, na praia de Samil a partir das 11:30 horas. No festival, que durará ata ás 13:30 horas, participarán un avión F18, avións apagafogos, a patrulla paracaidista EADA e a patrulla Ágila.

Inauguración da exposición "Falando da Estampa. Unha colección de obra gráfica internacional"

mércores, 29 xuñ 2005

O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, asiste á inauguración da exposición "Falando da Estampa. Unha colección de obra gráfica internacional", que se poderá visitar do 30 de xuño ao 4 de setembro na sala da Fundación Caixa Galicia. A exposición é unha escolma de pezas de altísima calidade dunha das pinacotecas privadas máis importantes de gravado contemporáneo, a de José María Cabra de Luna.