A programación municipal de teatro para adultos continúa no Auditorio Municipal coa obra "E ti quen vés sendo?"

mércores, 23 abr 2008

A obra "E tí, quen vés sendo?", de Cándido Pazó, e a escollida para continuar o xoves e venres a programación estable de teatro para adultos, posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural para o primeiro semestre do 2008. Tamén neste caso será a compañía Talía Teatro a que representará a obra no Auditorio Municipal ás 21:00 horas.

La programación municipal de teatro para adultos continúa en el Auditorio Municipal con la obra "E ti quén vés sendo?"

mércores, 23 abr 2008

La obra "E tí, quén vés sendo?", de Cándido Pazó, es la escogida para continuar el jueves y viernes la programación estable de teatro para adultos, puesta en marcha por la Concejalía de Cultura y Animación Sociocultural para el primer semestre del 2008. También en este caso será la compañía Talía Teatro a que representará la obra en el Auditorio Municipal a las 21:00 horas.

O Festival de Jazz Imaxina Sons volve a Vigo do 26 de xuño ao 6 de xullo e celebra o 25 aniversario de Clunia

mércores, 23 abr 2008

A celebración do 25 aniversario de Clunia Jazz é un dos pratos fortes que este ano presenta o Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons 2008, segundo anunciou esta mañá o concelleiro de Cultura, Xesus López. O edil do BNG salientou na súa intervención, que se desenvolverá en defierentes espazos da cidade e desenvolverá diversas actividades paralelas, que Imaxina Sons "xa é un festival de obrigada referenza no panorama musical europeo que non só dedica especial atencións as propostas europeas, senón tamén as galegas".

O Festival de Jazz Imaxina Sons vuelve a Vigo del 26 de junio al 6 de julio y celebra el 25 aniversario de Clunia

mércores, 23 abr 2008

La celebración del 25 aniversario de Clunia Jazz es uno de los platos fuertes que este año presenta el Festival de Jazz de Vigo Imagina Sonidos 2008, segun anunció esta mañana el concejal de Cultura, Xesus López. El edil destacó en su intervención, que se desarrollará en deferentes espacios de la ciudad y desarrollará diversas actividades paralelas, que Imaxina Sons "ya es un festival de obligada referencia en el panorama musical europeo que no sólo dedica especial atención a las propuestas europeas, sino también las gallegas".

O Verbum celebra o venres o seu quinto aniversario cun espectáculo de danza e entrada gratuíta durante toda a semana

martes, 22 abr 2008

O Verbum - Casa das Palabras cumpre xa cinco anos da súa apertura, e para celebralo acollerá o venres, 25 de abril ás 20 horas, un espectáculo de danza inspirado nas tradicións galegas, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Cultura, Xesus López. Ademais, a entrada será gratuíta durante toda a semana, ata o 27 de abril e ao longo do ano desenvolveranse diversas exposicións temporais que queren transmitir "de forma clara e contundente" cal é o espírito do Verbum, "un centro expositivo adicado á palabra como concepto amplo, como elemento de expresión, de transmisión e de creación, como elemento patrimonial e, en definitiva, como sinal da nosa cultura".

Exposición homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez

venres, 18 abr 2008

A Casa Galega da Cultura amosa do 21 de abril ao 25 de maio a exposición "A palabra e os días. Homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez". Unha viaxe pola biografía e a obra dun autor fundamental na edición galega, a quen este ano se adica o Día das Letras Galegas. O visitante poderá achegarse a súa obra a través do material bibliográfico e a súa vida a través dos obxectos persoais e as pezas dos fondos da familia Álvarez Blázquez.

Cultura asina un convenio co Cineclube Lumière para potenciar a súa programación de cine en versión orixinal

xoves, 17 abr 2008

O concelleiro de Cultura, o nacionalista Xesus López, anunciou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración coa presidenta do Cineclube Lumière, Anabel González, para potenciar a súa programación de cine en versión orixinal dirixida a públicos sectoriais e especializados. Durante o primeiro semestre do 2008 as proxeccións teñen lugar todos os luns ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, mentres que de setembro a decembro faranse no Centro Cultural Caixanova, "por mor das obras de mellora que se levarán a cabo no recinto municipal", segundo explicou o concelleiro de Cultura.