xoves, 25 out 2007
Facer chegar a música clásica a todos os públicos. Este é o obxectivo fundamental do Festival de Música de Vigo Are-More 2007, que foi presentado este xoves no Concello. Do 30 de outubro ao 17 de decembro, variadas propostas, entre as que se inclúen conferencias e cine musicado, repartiranse por diversos puntos da cidade dentro dunha iniciativa que alcanza xa a súa oitava edición.
venres, 19 out 2007
O alcalde, Abel Caballero, visitou este venres o MARCO, que está próximo a cumprir o seu quinto aniversario, e sinalou que "este museo marca un fito importante na actividade cultural" de Vigo. Caballero engadiu que o MARCO "debe constituírse no emblema do desenvolvemento cultural da cidade", e que para iso "non imos escatimar recursos nos tempos vindeiros".
xoves, 18 out 2007
A segunda edición da feira de arte contemporánea Puro Arte 2007 inaugúrase este xoves no IFEVI, cun acto ás 19.00 horas ao que asistirá o tenente de alcalde, Santiago Domínguez. Máis de 50 galerías de 13 países exporán un total de máis de 2.500 obras en pintura, escultura, fotografía e arte gráfica.
xoves, 18 out 2007
La segunda edición de la feria de arte contemporáneo Puro Arte 2007 se inaugura este jueves en el IFEVI, con un acto a las 19.00 horas al que asistirá el teniente de alcalde, Santiago Domínguez. Más de 50 galerías de 13 países expondrán un total de más de 2.500 obras en pintura, escultura, fotografía y arte gráfico.
martes, 16 out 2007
O concelleiro de Cultura, Xesús López, presentou este martes a programación municipal de teatro para os meses de outubro, novembro e decembro, formada polo circuíto de teatro por barrios "Vigo a escena" e as representacións para nenos de "Con T de teatro", que terán lugar no Auditorio do Concello.
martes, 16 out 2007
El concejal de Cultura, Xesús López, presentó este martes la programación municipal de teatro para los meses de octubre, noviembre y diciembre, formada por el circuito de teatro por barrios "Vigo a escena" y las representaciones para niños de "Con T de teatro", que tendrán lugar en el Auditorio del Ayuntamiento.
xoves, 11 out 2007
<br />
<br />
O museo Verbum-Casa das Palabras acolle ata o 30 de decembro a exposición "Actividades e recursos educativos dos museos de Galicia" coa que se pretende difundir, potenciar e dinamizar as actividades educativas que se están a desenvolver nos museos galegos sobre o patrimonio natural, histórico, artístico, arqueolóxico, educativo e divulgativo da nosa sociedade.
xoves, 11 out 2007
O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este xoves no seu despacho co presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro Fernández, para tratar da organización en Vigo dos actos do Día das Letras Galegas 2008, dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez.
mércores, 10 out 2007
<br />
O museo Verbum-Casa das Palabras acolle ata o 30 de decembro a exposición "Actividades e recursos educativos dos museos de Galicia" coa que se pretende difundir, potenciar e dinamizar as actividades educativas que se están a desenvolver nos museos galegos sobre o patrimonio natural, histórico, artístico, arqueolóxico, educativo e divulgativo da nosa sociedade.
martes, 9 out 2007
"Ecoloxía e bioética" é o título das XVII Xornadas de Filosofía que se celebran do 16 ó 19 de outubro en Vigo, promovidas pola concellería de Cultura e organizadas polo grupo Aletheia en virtude dun convenio coa Fundación Caixagalicia.