A mostra "Álvarez Blázquez, arqueólogo de Vigo" do Museo de Castrelos amplíase ata o 7 de setembro<br />
O éxito da mostra "Álvarez Blázquez, arqueólogo de Vigo", instalada no Museo de Castrelos co gallo da súa homenaxe no Día das Letras Galegas 2008, motiva a ampliación da súa exposición ao público ata o 7 de setembro, segundo anunciou este xoves a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure. A edil do BNG explicou hoxe que máis de 2.000 persoas visitaron xa a mostra dende a súa inauguración o pasado mes de maio. <br />
"O público vigués ten amosado un gran interese pola figura de Álvarez Blázquez, polo que decidimos prorrogar a mostra ata setembro", salientou Elena Maure. A exposición explica a faceta de Álvarez Blázquez como arqueólogo de Vigo na súa condición de comisario local de escavacións e xefe do departamento de prehistoria do museo, polo que segundo a concelleira de Patrimonio Histórico, o seu traballo resulta fundamental "para coñecer a historia e o patrimonio da nosa cidade".
Elena Maure sinala que a través de variados documentos, que inclúen notas, diarios, debuxos e cartas, moitos dos cales ven a luz por vez primeira na exposición, e unha representación dos materiais arqueolóxicos que el atopou, as persoas que visitan a mostra poden coñecer como traballaban os pioneiros da arqueoloxía galega e a entrega de Álvarez Blázquez na defensa do patrimonio cultural da cidade de Vigo e de Galicia. Así, exposición organízase en dous bloques principais: o nomeamento e exercicio do cargo de "Comisario Local de Excavaciones Arqueógicas" na cidade e as contribucións que realizou ao museo de Castrelos.