Escoitar

Arqueiros de nivel internacional participarán o sábado no Campionato Galego ao aire libre<br />

Oitenta arqueiros de toda Galicia (trece deles de Vigo), entre os que destacan varias compoñentes da selección española, acoden este sábado día 19 ao campo das Barrocas, en Valadares, para disputar o Campionato Galego de tiro con arco ao aire libre, na súa trixésima terceira edición. Os tiradores estrearán campo grazas ás xestións do concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, que acordou coa directiva do Centro Veciñal e Cultural de Valadares que os arqueiros poidan competir ao aire libre nas Barrocas, onde os competidores tamén dispoñen dos servizos necesarios como vestiarios. Alonso destacou que é "un espazo adecuado", e agradeceu a total colaboración do centro cultural. O Club de Arqueiros Nito Ruiz é o organizador da proba.<br />

xoves, 17 xul 2008
1216298488Tiro.JPG
No campionato, para veteranos, senior, junior e cadetes (é dicir, haberá arqueiros desde os 14 anos de idade), participarán deportistas de alto nivel (a ferrolá Iria Grandal, do Club Arco Narón, e Gema Buitrón, do Silex das Pontes), ou Pilar García Bonete, xunto coas dous anteriores bronce con Galicia no Campionato de España. Ademais participa Magdalena Beltrán, subcampiona estatal e campiona de España de veteranos este ano.

Desde o Nito Ruiz festexan a participación de calidade no campionato e agradecen o apoio tanto da Concellería como do centro cultural para que o evento se dispute en Valadares.

Haberá dúas tiradas (cada unha de 36 frechas) a unha distancia de 70 metros. A proba é valedoira para os Campionatos de España, en Canarias este mes. A competición comeza ás 16.00 horas e remata ás 21.30.
Descargar todas as imaxes