Escoitar

O 28 de Xullo remata o prazo de inscripción para o Programa de Inmersión Lingüistica

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, informaron do Programa de Inmersión Lingüistica 2007-2008 para nenos e nenas. O prazo de inscripción está aberto desde onte 16 de xullo e remata 28 de Xullo. O alcalde suliñou "que é un dos grandes compromisos políticos que se anunciaron na campaña electoral" e tamén apuntou "que o procedemento de selección dos 100 nenos e nenas é totalmente transparente e obxetivo". A Concelleria de Educación sinalou que " o custe das becas alcanzan os 2.000€ por persoa". O comezo da estancia en Irlanda e Inglaterra será a partir do 15 de setembro.<br />

xoves, 17 xul 2008
1216298007becas.JPG
Vigo, 17 de xullo de 2008. – Hoxe o Alcalde e a Concelleria de Educación informaron do comezo do Programa de Inmersión Lingüistica 2007-2008. Este programa constará dunha estancia de tres semanas en Irlanda ou Inglaterra. O custe por alumno será de 2.000€ e organizaranse en grupos de 12 rapaces acompañados dun monitor. "As cidades de acollida serán pequenas entre 5.000 e 25.000 habitantes para facilitar as labores de control e seguridade" sinalou a Concelleira. O inicio da inscripción xa comenzou onte, durará ata o vinderio 28 de xullo. A estancia empezará o 15 de setembro, " o que pretendemos é que os cativos empecen o curso en Inglaterra para que se teñan que organizar en outro idioma, as clases serán en inglés e a súa vida diaria na casa de acollida tamén será en inglés" sinalou o Alcalde que engadiu "pretendemos unha inmersión na lingua e esta é a maneria de conquerilo para que os nenos e nenas teñan fluido dominio do inglés". Por outro lado Laura López Atrio manifestó que "os pais poderán porse en contacto cos rapaces por teléfono en todo momento através dos monitores que os acompañan". Por último Caballero dixo que " para o ano que ven o programa de inmersión lingüistica será moito mais extenso e con máis dotación económica".

Vertido na praia de Alcabre

O Alcalde explicou as medidas que se tomaron no incidente de onte ocurrido na praia de Alcabre. O Alcalde resaltou a eficacia e rapidez da patrulla medioambiental e dos bombeiros. Tamén sinalou "que a praia permanecerá pechada o longo do día de hoxe xa que de están realizando análises". O Alcalde resaltou a ubicación do aliviadero , "un aliviadero destas caracteristicas non pode estar na misma praia, realizarase un proyecto para a reforma dese aliviadero, máis consistente e que non desemboque na praia".

Fonte pública "Baladas"

Onte os axentes da Brigada Medioambiental foron requeridos por unha mancha blanquecina que se observaba na zona alta do rio Lagares. Persoados no lugar se comproba que dicha mancha procede da fonte pública "Baladas" sita na Parroquia de Cabral próxima a Avda. Do Aeroporto e frente o aeroporto de Peinador.

O Alcalde informou que " a fonte foi inmediatamente cerrada e despois de realizados os respectivos análise se detectou bentonita, unha sustancia que se utiliza para as obras de perforación que se están a levar a cabo no parking do aeroporto. Esta sustancia é totalmente biodegradable". De todos xeitos estase en contacto co aeroporto para que "extremen as medidas de control medioambiental das actividades de construcción do parking".
Descargar todas as imaxes