Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 17 xul 2008
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 18 DE XULLO DE 2008.


ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
1.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación veciñal e cultural Casco Vello para a organización dun mercado tradicional no centro histórido dentro do contexto das Festas de Verán. Expte. 2759/335.

BENESTAR SOCIAL
2.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta exptes. 23/1912, 21/2119, 21/2094, 1/2128, 1/1201,1/1767, 4/1997, 22/2390, 23/252, 23/2051, 13/1966, 13/1713.

3.- Prestación do Servizo de Centro de Día para persoas maiores: alta expte. 4/407.

4.- Proxecto básico e contratación da execución do "Acondicionamento interior de local como unidades de Acción Social de Castrelos, Litoral e Coia". Expte. 33671/301.

DEPORTES
5.- Solicitude de Prado Surf Clube Co para organizar a 8ª Edición do Open Skate Cidade de Vigo "O Marisquiño", os días 9 e 10 de agosto. Expte. 7911/333.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
6.- Solicitude de subvención á Consellería de Traballo da Xunta de Galicia para o proxecto denominado Obradoiro de Emprego "Vigo-Ornamental". Expte. 5272/77.

MUSEO DE CASTRELOS
7.- Solicitude de préstamo de pezas relacionadas coa Guerra de Independencia Española: Bando de Cachamuíña e Retrato de Joaquín Tenreiro. Expte. 3187/337.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
8.- Aboamento da cota de participación na Comunidade de Propietarios do edificio sito na rúa Romil, 20. Expte. 18321/240.

9.- Alta inventarial sobre a propiedade 266 "terreo en Pedregal-Valadares" o edificio denominado Centro Socio-Cultural "O Pedregal". Expte.334/320.

10.- Solicitude de D. Félix Goberno Costas de entrega dos enseres do antigo restaurante As Dornas. Expte. 18367/240.

11.- Doazón de Parque infantil na Praza Fernando Conde Montero-Ríos pola entidade QuelViztriz S.L. e autorización administrativa. Expte. 18152/240.

12.- Autorizacións para a ocupación das praias con quioscos de temporada 2008. Expte. 18286/240.

13.- Reclamación de Dª. Mª Isabel Costas Fernández de responsabilidade patrimonial. Expte. 1686/243. Desestimada.

14.- Reclamación de D. Jesús Ramos Ramos de responsabilidade patrimonial. Expte. 1175/243. Estimada parcialmente.


PERSOAL
15.- Inclusión do policía local D. José Miguel Rodríguez Rodríguez no programa de reforzos da Policía Local, autorizado por acordo da Xunta de Goberno Local de data 16-06-018. Expte. 33730/212.

16.- Productividade maquinaria pesada 2º semestre 2008. Expte. 18345/220.

17.- Productividade por conducción de vehículo municipal (sen ser oficial), 2º trimestre 2008. Expte. 18346/220.

18.- Productividade por encomenda de funcións a Dª Marta Núñez Aboy 1º trimestre 2008. Expte. 10810/331.

19.- Productividade por conducción de vehículo lixeiro municipal 2º trimestre 2008. Expte. 18350/220.

20.- Productividade por toxicidade do persoal do Parque Móbil correspondente ao mes de xuño 2008. Expte. 18344/220.

21.- Productividade por toxicidade do persoal do servizo de Desinfección correspondente ao mes de xuño de 2008. Expte. 18353/220

SERVIZOS XERAIS
22.- Plan de Seguridade e Saúde da obra "Humanización entorno Calvario. Lote II. Rúa León". Expte. 722/443.

23.- Plan de Seguridade e Saúde da obra "Humanización entorno Calvario. Lote II. Rúa Cataluña". Expte. 723/443.

24.- Plan de Seguridade e Saúde da obra "Humanización entorno Calvario. Lote I. Rúa Sagunto". Expte. 750/443.

XUVENTUDE
25.- Proxecto de convenio Asociación Hoy por Mañana para desenvolver un Programa de Dinamización Infantil e Xuvenil. Expte. 2252/336.

26.- Proxecto de convenio coa Asociación de Veciños de Lavadores para desenvolver un Programa de dinamización infantil e xuvenil. Expte. 2221/336.

27.- Convalidación de gasto por importe de 24.000 € a favor de Tasoga S.L. en concepto de xestión de Ludotecas de Coia e Casa da Xuventude dos meses marzo e abril. Expte. 2272/336.

28.- Convalidación de gasto por importe de 9.161,67 € a favor de Xoma Iniciativas Sociais S.L. en concepto de Servizo Casa da Xuventude. Expte. 2271/336.

29.- Convalidación de gasto por importe de 2.658,06 € a favor de Dª. Concepción Cuña Pérez en concepto de xestión do Punto Xove. Expte. 2274/336.

30.- Convalidación de gasto por importe de 24.000 € a favor de FESAN en concepto de Xestión Ludotecas Coia e Casa da Xuventude. Expte. 2273/336.

31.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 18 de xullo de 2008, ás 8,30 h. en 1ª convocatoria e ás 9,30 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 16 de xullo de 2008.
me.
O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.