Santi Domínguez destaca na presentación en Madrid da Powerboat que Vigo ofrecerá a mellor proba do mundial<br />
Este mediodía presentouse en Madrid o Campionato do Mundo de Powerboat P1, que se celebrará por primeira vez no Estado Español en augas da Ría de Vigo os días 11, 12,13 e 14 de setembro. No acto o tenente de alcalde, Santi Dominguez, agradeceu á Powerboat a gran aposta pola cidade e lembrou que "a cidadanía de Vigo está volcada no deporte e boa proba delo é o inmenso apoio a todos os grandes eventos deportivos disputados na cidade".<br />
O tenente de alcalde engadiu que "estamos en disposición de ofrecer a mellor proba do campionato e o mellor apoio dos espectadores vigueses". Santiago Domínguez sinalou tamén que desde o primeiro momento no que se lle propuxo este evento, no que Vigo competía con varias cidades españolas, "non dubidamos nin un momento en que era necesario conseguir que Vigo fose a sede española porque suporá unha plataforma de proxección mundial na que ofreceremos unha cidade volcada co mar, donde a súa poboación responde de forma inigualable en calidade e calidez das dúas xentes".
Durante a presentación, á que asistiron máis de 40 medios nacionais e internacionais, Rober Wicks, director comercial da Powerboat P1 explicou as principais razóns polas que a organización elixiu vigo como sede da sexta proba do Campionato. "A cidade de Vigo reúne todas as condicións e requisitos esixidos pola organización deste mundial. A especial configuración da súa Ría, portexida polas Illas Cíes, converten a esta bahía nunha plataforma acuática excelente para a celebración deste Gran Premio". Ademáis, engadiu que "o número e calidade das instalacións e servizos marítimos, portos deportivos, pantaláns, estaleiros... teñen permitido a Vigo acoller importantes eventos da náutica mundialcomo a saída da Volvo Ocean Race ou a regata Cutty Sark que amosan a súa gran capacidade de organización en eventos de gran complexidade".
O Campionato do Mundo de Powerboat P1 traerá a Vigo as máis espectaculares embarcacións de motor. Jaime Fonseca, promotor da P1 en España, explicou que as carreiras do El Gran Premio Turismo de Vigo terán unha duración dunha hora, se celebrarán o sábado e o domingo en sesións de mañá e tarde. As embarcacións competirán en dúas categorías: Evolution e Supersport, nas que os barcos alcanzarán velocidades de 260 kilómetros por hora.
Tras catro probas do Mundial non hai nada decidido e a proba de Vigo terá que empezar a marcar diferenzas. Álvaro de Marichalar, que estivo presente na presentación en Madrid, xa anuncio que estará en Vigo e amosouse "encantado de poder realizar unha exhibición coa súa moto".
Descargar todas as imaxes