martes, 15 xullo 2008

O inicio das obras da Escola Superior de Arte dramática "inminente"

O Alcalde, Abel Caballero e a Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Elena Sánchez Piñón, dixeron hoxe 15 de Xullo que o "comezo das obras da Escola Superior de Arte dramática na zona de Navia é inminente". A obra xa foi adxudicada por un importe de 5.200.000.- euros. O Alcalde anunciou o comezo do Programa de Inmersión en Lingua Inglesa dirixida a alumnos de 3º da ESO de centros públicos de Vigo non curso 2007-2008. <br />

O Consello da Muller asegura que as vítimas de violencia de xénero contan con todos os recursos municipais <br />

martes, 15 xul 2008

A concelleira de Igualdade, a nacionalista Iolanda Veloso, deu conta onte pola tarde ao Consello Municipal da Muller do proceso seguido para o peche da Casa de Acollida e a creación do novo Centro de Emerxencia. Tras as explicacións da concelleira e o debate e intercambio de opinións das integrantes do Consello Municipal, as propias participantes solicitaron facer públicas as conclusións do encontro. Así, as integrantes do Consello Municipal da Muller queren precisar que os servizos de información, apoio e aloxamento á muller maltratada en Vigo "funcionan dende o principio e seguen funcionando en todos os seus extremos". <br />