O Consello da Muller asegura que as vítimas de violencia de xénero contan con todos os recursos municipais <br />
A concelleira de Igualdade, a nacionalista Iolanda Veloso, deu conta onte pola tarde ao Consello Municipal da Muller do proceso seguido para o peche da Casa de Acollida e a creación do novo Centro de Emerxencia. Tras as explicacións da concelleira e o debate e intercambio de opinións das integrantes do Consello Municipal, as propias participantes solicitaron facer públicas as conclusións do encontro. Así, as integrantes do Consello Municipal da Muller queren precisar que os servizos de información, apoio e aloxamento á muller maltratada en Vigo "funcionan dende o principio e seguen funcionando en todos os seus extremos". <br />
Iolanda Veloso salienta que as participantes no Consello Municipal solicitaron comunicar á prensa as súas consideracións "para evitar a desinformación que se está a producir". As mulleres que integran o consello, representantes de diferentes colectivos e asociacións, subliñan que as vítimas dos malos tratos contan cos recursos de asesoramento e apoio profesional existentes no municipio, e ademais, salientan que dende o día do peche da antiga Casa de Acollida, existe un dispositivo de aloxamento que cubre as necesidades das mulleres que o precisan e dos seus fillos e fillas. Segundo o Consello Municipal da Muller "estas nunca deixaron de contar con esta resposta ás súas necesidades de aloxamento para saír da súa problemática de malos tratos".
A concelleira de Igualdade, ao igual que as integrantes do Consello da Muller, lembra que as mulleres que o precisen contan tamén con atención persoal ás 24 horas no telefono municipal 986 293 963. Ademais, a edil do BNG reiterou o seu compromiso de que o novo Centro de Emerxencia estará en funcionamento a finais do mes de setembro.