Escoitar

O Alcalde destaca o importante volume de adxudicacións aprobadas hoxe 14 de xullo en Xunta de Goberno<br />

Vigo, 14 de xullo de 2008. – Na Xunta de Goberno celebrada hoxe 14 de Xullo ás 9:00 horas o alcalde destacou o importante volume de adxudicacións e diferentes trámites de obras na cidade aprobadas na Xunta de Goberno. <br /> A aprobación dos plans de seguridade e saúde dan luz verde ao inicio das obras de entorno Povisa e Sanjurjo Badía que comenzarán a vindeira semana.<br />

luns, 14 xul 2008
A aprobación dos plans de seguridade e saúde das obras de humanización do entorno Povisa e Sanjurjo Badía da a luz verde do inicio da cantidade importante de obras que se van a realizar na cidade.

A humanización da rúa Esperanto e adxudicada a Constructora Galega por un importe de 55.219.- euros, o saneamento para dás rúas Olimpicos, Abanico-Beade, Seara por un importe de 431.665.- euros e humanización das rúas Sagunto, Cataluña e León adxudicada a Movexvial por un importe 413.140.- euros en prazo de execución catro meses, pasaron o último trámite a súa aprobación na Xunta Local de Goberno o que supón que nos vindeiros días se ratifique o contrato e comencen as obras.

Otra das obras relevantes que pasaron hoxe pola xunta local foi a adxudicación das obras de supresión das barreras arquitectónicas na cidade. P perímetro que abrangue a zona que se vai a actuar é a seguinte, Entorno de Ronda de Don Bosco, Taboada y Leal, Ecuador, Vázquez Varela, Couto de San Honorato, Reiseñor, Alcalde Gregorio Espino, Avda. De Madrid, Conde de Gondomar, Gran Vía, Hispanidad, San Amaro, Castro Salcidos e Marqués de Alcedo. Obra adxudicada a Movexvial S.A. por 149.499,99€ e o prazo de execución da obra será de seis meses.


O Alcalde, Abel Caballero tamén sinalou a aprobación do "Proxecto Escola Obradoiro Vigo-Zoo". Un proxecto que consiste nunha escola taller de 48 alumnos repartidos en distintas especialidades como: albanelería, carpinteria metálica e PVC, instalacións de fontaneria, etc. Os obxetivos que se pretenden coa posta en marcha de este proxecto son varios e ambiciosos: Reforma da fachada principal de acceso ao zoo, acondicionamento do camiño merendeiro e da fonte natural do rio, reforma das gaiolas da zona de corentena, xustitución dos baños exteriores, reforma dos almacens de entrada e do cortello da granxa escola e construccións de recintos para ñandus, muflones e algunhas gaiolas para aves.
Esta escola comezará a súa actividade en decembro deste ano e terá unha duración de 18 meses e unha subvención económica de 944.538,72 .- euros

Noutra orde de cousas sinalou o inicio do contrato do servizo de subministración, execución, reposición e mantemento da sinalización horizontal e vertical no termo municipal de Vigo. O contrato sería de 4 anos con posibilidade de prorroga de 2 mais e o presuposto sería de 400.000.- euros o ano.