Escoitar

Actividades de verán en Vigozoo

O verán chega cargado de actividades a Vigozoo, ampliamos oferta educativa habitual para atender a un maior número de visitantes. Entre as actividades figurán os campamentos, as visitas guiadas ou un día no zoo.

venres, 11 xul 2008
1215777651veranzoo2.jpg
Actividades

-Visita guiada a grupos organizados
Mantense a liña de traballo nas visitas guiadas a grupos organizados e aumentamos a oferta a outros grupos.

-Aniversarios no zoo
Prezo entrada: 2,05 euros por neno/a (inclúe a un adulto gratis).
Prezo menú: Tres opcións a elexir (4,50, 6,90 e 8,50)
Idades: De 3 a 14 anos.

Esta actividades constite na celebración de cumpleanos dunha forma diferente e orixinal, cun prezo de entrada moi económico, que inclúe a entrada libre para un acompañante, unha actividade interactiva (O Naturolab) e unha visita guiada polas instalacións, cunha duración total é de 80-90 minutos. Posteriormente terá lugar a festa e a degustación do menú na cafetera duns 60 minutos aproximadamente.

-Un día no zoo 2008

Esta actividade aumentando o horario de 8:00 a 19:30 horas e amplia o período de recepción de gardería opcional e gratuíto dende as 8:00 até as 10:00, tentando compatibilizar o horario laboral dos pais e nais co desenvolvemento da actividade. Tamén mantense dito programa para grupos organizados, colectivos e familias, incrementando as idades dos destinatarios de 6 a 14 anos e a oferta de talleres e animación.

Idades: De 6 a 8 e de 9 a 14 anos.
Datas: días laborables de xullo, agosoto da primeira semana de setembro, segundo demanda.

Medio día: 6,20 euros (inclúe almorzo):
Programa: 8:00 Gardería; 10:00 Presentación e normas; 10:15 Xogos e entrega de material, 10:30 Almorzo; 11:00 Visita guiada; 13:30 Naturolab; 14:00 Despedida.

Día completo: 15,50 euros (inclúe comidas):
Programa: 8:00 Gardería; 10:00 Presentación e normas; ; 10:15 Xogos e entrega de material, 10:30 Almorzo; 11:00 Visita guiada; 13:30 Naturolab 14:00 Xantar e tempo libre; 16:00 Audiovisual; 16:30 Visita ao reptilario e bolboretario; 17:00 Obradoiro; 18:00 Xogos de animación I; 18:30 Merenda; 19:00 xogos de animación II; 19:30 Despedida.

-Campamentos 2008

Realizanse cinco campamentos: dous en xullo, dous en agosto e un no mes de setembro. Ditos campamentos serán de dous días de duración e serán celebrados en días laborables.

Prezo entrada: 40 euros (Inclúe comidas e aloxamento en tendas de campaña)
Idades: De 10 a 12 anos.
Datas: 22-23 e 29-30 de xullo, 19-20 e 26-27 de agosto e 4 e 5 de setembro.
Programa:
PRIMEIRO DÍA: 8:00 Gardería; 10:00 Recepción; 10:15 Presentación e normas, ogos e entrega de material ; 10:30 Almorzo; 11:00 Visita guiada (interior de instalacións); 13:30 Montaxe de tendas de campaña; 14:00 Xantar e tempo libre; 16:00 Montaxe das tendas de campaña; 17:00 Naturolab; 18:00 Xogos de animación; 18:30 Merenda e tempo libre; 19:00 Obradoiro temático I; 20:00 Visita ao reptilario e bolboretario; 20:45 Preparación animación nocturna; 21:45 Cea e tempo libre; 22:30 Animaicón e visita nocturna polo zoo; 24:00 Silencio.

SEGUNDO DÍA: 08:00 Diana e aseo; 09:00 Almorzo; 09:30 Obradoiro temático II; 11:30 Ruta polo miradoiro da Madroa; 13:00 Xogos deportivos; 14:00 Xantar e tempo libre; 16:00 Obradoiro temático III 17:30 Xogos de animación; 18:30 Merenda; 19:00 Desmontaxe das tendas de campaña; 19:30 Despedida.

ACTIVIDADES ALTERNATIVAS: Audiovisuais, planetario, vista nocturna ao miradoiro da Madroa, Obradoiro de sementes, obradoiro de anelamento científico de aves, etc.

Actividades para público xeral

Naturolab: Horario 17:30, 18:00, 18:30, 19:00 horas. Dirixidas a todo o público nos fins de semana e festivos en horario de tarde. Situado no novo aulario, o laboratorio da natureza realiza sesións de 20 min. de duración para descubrir as curiosidades do mundo animal a través dos rastros e estructuras biolóxicas que aparecen na natureza: Ovos, plumas, mudas, pegadas, cornas, etc.

Audiovisuais: Horario 12:30; 13:30; 17:00; 18:00 horas. Na mesma liña que a actividade anterior, estará dirixida ao público xeral os fins de semana e festivos. No salón de actos exporanse distintos documentais relacionados co mundo animal e a natureza. Terán acceso libre e gratuito.
1215777651veranzoo2.jpg
1215777667veranzoo3.jpg
Descargar todas as imaxes