Este novo calendario pretende converter a Vigo nun referente no ámbito nacional coa celebración de grandes concertos e cunha planificación de ocio e entretemento en varios espazos da cidade de xeito simultáneo
xoves, 10 xul 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, o concelleiro de Cultura, Xesús López, e o director da Obra Social de Caixanova, Guillermo Brea, presentaron a programación das Festa de Verán Vigo 2008, que se elaborou, segundo explicou o tenente de alcalde, baixo dous eixos fundamentais: converter a Vigo nunha cidade referente na celebración de grandes concertos e programar unha Semana Grande de festas cun amplo abano na oferta cultural e de entretemento, "para que os vigueses e viguesas sinta que realmente están en festas".
xoves, 10 xul 2008
Apostar polas persoas en risco de exclusión social, integrándoas no mundo laboral, para evitar que caian na pobreza e o obxectivo co que traballará o novo equipo do segundo Plan de Inclusión Social, que hoxe foi presentado polo tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez. Segundo explicou a edil do BNG, durante este ano 2008 este departamento xa realizou 317 intervencións, maioritariamente correspondentes a mulleres.
xoves, 10 xul 2008
O alcalde presentou este xoves os once puntos de acceso a Internet distribuidos pola cidade, dos que xa funcionan dous desde hoxe, na Praza da Independencia e no Paseo de Alfonso. Os cidadáns terán acceso gratuito á rede durante 10 minutos as 24 horas do día. Ademais, Abel Caballero informou hoxe da apertura progresiva de oito novos aseos públicos automáticos na zona de praias.
xoves, 10 xul 2008
O alcalde presidíu este xoves a Xunta de Seguridade na que se adoptaron as medidas de tráfico e seguridade para o Festival Aéreo de Vigo que se celebrará o vindeiro 20 de xullo en Samil. A seguridade aérea, marítima e terrestre "está garantida", salientou o alcalde, quen fixo un chamamento para que os cidadáns se acheguen a ver o festival en transporte público. 20 lanzadeiras de VITRASA facilitarán o acceso desde a Praza de América.
xoves, 10 xul 2008
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou este xoves a unidade móbil do programa Café e calor na rúa, desenvolvido pola propia Concellería de Benestar Social a través dun convenio con Médicos do Mundo, e que segundo apuntou a edil do BNG atende arredor de 40 persoas ao día.
xoves, 10 xul 2008
A praia de Samil recibe este verán unha batería de modalidades deportivas englobadas no "Verán deportivo" que permitirán o goce de participantes e veraneantes. Entre o próximo día 18 e o 7 de agosto, disputaranse cinco disciplinas de competición (fútbol praia, balonmán praia, voley praia, foot voley e tenis praia) e outra de exhibición (cachibol), baixo o patrocinio de Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes, e a organización de Evento Global.