martes, 8 xul 2008
O alcalde e representantes da organización e de Caixanova presentaron este martes o Festival Aéreo de Vigo 2008, que conta "cun programa máis completo e máis potente" que en anos anteriores, segundo informou o organizador, Pablo González. O 20 de xullo terá lugar a celebración, que este ano se complementa con actividades culturais, como a entrada do buque Juan Sebastián Elcano o día 11 de xullo.
Poden mercarse en www.servinova.com, no 902 504 500 e na Central de Espectáculos a 10 euros anticipada e 12 o mesmo día
martes, 8 xul 2008
O vindeiro día 22 o grupo Pereza inaugurará o calendario de citas musicais previstas no Auditorio de Castrelos, dentro da programación das Festas de Verán de Vigo elaborado pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. As persoas interesadas xa poden facerse coas entradas para os concertos de Pereza, Roger Hodson e Rubén Blades, que actuarán neste escenario os días 22, 23 e 30 de xullo respectivamente ás 23 horas. As entradas terán un prezo de 10 euros anticipada e 12 euros en taquilla e poden adquirirse en Caixanova, a través da web www.servinova.com e no 902 504 500, ou na Central de Espectáculos.
martes, 8 xul 2008
O alcalde de Vigo e a directiva da Confraría do Santísimo Cristo da Victoria mantiveron este martes un encontro de preparación da festividade. Abel Caballero aclarou que "con case toda probabilidade" as obras no centro non impedirán o paso da procesión por Policarpo Sanz, co que o percorrido será o mesmo de anos anteriores. Ademais, o Concello estuda instalar na fachada da Concatedral unha pantalla para que os fieis poidan seguir a misa desde fóra. <br />
martes, 8 xul 2008
Abel Caballero e representantes do Comité de Empresa do Concello de Vigo mantiveron este martes un encontro no que se trataron distintos temas, como a seguridade do edificio municipal ou a situación dos funcionarios. O alcalde mostrouse "extraordinariamente satisfeito" da reunión cun Comité "moi dialogante e cooperador" e adiantou que as xuntanzas se repetirán cada seis meses.
martes, 8 xul 2008
O director xeral de supervisión do Banco de España, Javier Aríztegui Yáñez, o director de Política Rexional de Política Territorial da Unión Europea, José Palma Andrés, serán algúns dos invitados ao Congreso de Economía da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal, que terá lugar en Vigo os días 25 e 26 de setembro.