As obras no centro non afectarán ao percorrido da procesión do Cristo da Victoria<br />
O alcalde de Vigo e a directiva da Confraría do Santísimo Cristo da Victoria mantiveron este martes un encontro de preparación da festividade. Abel Caballero aclarou que "con case toda probabilidade" as obras no centro non impedirán o paso da procesión por Policarpo Sanz, co que o percorrido será o mesmo de anos anteriores. Ademais, o Concello estuda instalar na fachada da Concatedral unha pantalla para que os fieis poidan seguir a misa desde fóra. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a directiva da Confraría do Santísimo Cristo da Victoria mantiveron este martes unha reunión para tratar dos festexos anuais por mor desta festividade. O rexedor mostrou o "apoio e cooperación" do Concello á celebración e asegurou "con case toda probabilidade" que o percorrido este ano non se verá afectado polas obras do aparcadoiro de Policarpo Sanz.
No encontro se analizou o percorrido, como informou o alcalde á finalización do mesmo, que será o mesmo de anos anteriores, aínda que o Concello estuda e prepara a posibilidade de desviar o traxecto pola rúa do Príncipe, no caso de que sexa necesario. Abel Caballero adiantou que o vindeiro ano é posible que a procesión non poida atravesar Policarpo Sanz polo estado dos traballos do aparcadoiro.
Abel Caballero avanzou que a próxima semana o concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, acompañado dun responsable da Confraría percorrerán o traxecto para garantir que todo estea a punto e a procesión transcorra "con normalidade".
O alcalde afirmou que o Concello está a estudar asemade a posibilidade de instalar unha pantalla na fachada da Concatedral, para que os fieis poidan seguir a celebración da misa desde fóra do recinto relixioso.
A reunión foi definida polo rexedor como "moi agradable", quen concluíu que "estamos listos" para a celebración da procesión e da festividade do Cristo da Victoria.