Escoitar

Proxección das curtas premiadas no festival de Cans 2008 no Punto Xove

O espazo Punto Xove da Concellaría de Xuventude realizará o martes, día 8 de xullo, unha proxección das curtametraxes gañadoras en Festival de Cans 2008. As proxeccións serán ás 18 horas nos locais de Punto Xove, na rúa López de Neira 27 baixo, con entrada gratuíta.

luns, 7 xul 2008
1215426918fachadapx.jpg
CURTAS PREMIADAS no V Festival de Cans 2008:

- Sálvame, de Javier Veiga.
- 1977, de Peque Varela.
- A revolta dos Mouses, de David Gen.

VIDEOCLIPS

- The homens: "Calamar", de Roi Fernández e Isaac Cordal.
- Elodio y los seres Queridos: "España a las 8", de Alberto Bahamonde e Piño.

Ademáis

- Máis cans que nunca, de Luís Otero. (Unha peza de fotografías animadas sobre a edición anterior coma presentación do Festival).
Descargar todas as imaxes