Ata 25 rúas da cidade estarán en obras de mellora este setembro
O alcalde, Abel Caballero, informou este luns que os traballos de mellora da Alameda de Bouzas e de Eugenio Kraft, en Balaídos, comezarán "en 20 días aproximadamente". Ademais, o rexedor adiantou que en dúas semanas empezan as humanizacións do mercado de Teis e da rúa Esperanto. En total, e xunto cos aparcadoiros xa en obras, "entre agosto e setembro", 25 rúas de Vigo estárán en traballos de mellora.
A Xunta de Goberno deste luns aprobou a contratación das obras de humanización da Alameda de Bouzas e da rúa Eugenio Kraft, en Balaídos, traballos que comezarán "en 20 días aproximadamente", informou o alcalde. A adxudicación dos traballos en Bouzas recaeu sobre a empresa Sercoysa, por un valor de 449.922 euros; e a de Eugenio Kraft, na compañía Oresa por un valor de 173.000 euros.
A estes traballos se lle suman os xa aprobados na Xunta de Goberno da pasada semana no mercado de Teis, por un valor próximo aos 284.000 euros, e aos da rúa Esperanto, cun custe de 55.219 euros. O prazo aproximado para o comezo das obras é de dúas semanas.
Abel Caballero valorou como "boa noticia" o inicio "nun prazo case inmediato" destes traballos que, xunto cos aparcadoiros xa en marcha, sumarán preto de 25 rúas vigueses en proceso de mellora "entre agosto e setembro", estimou o alcalde.
Asfaltados, reparacións e mantemento dos viais
A Xunta de Goberno Local, tal e como informou o rexedor municipal este luns, aprobou asemade a contratación a Unión Temporal das Empresas formada por Movexvial e Gruporaga a execución das obras de acondicionamento, mantemento e conservación das infraestruturas viarias do Concello de Vigo por un prazo de dous anos e un prezo de 2,75 millóns de euros.
O alcalde salientou que esta cifra se destinará aos "asfaltados, reparacións e mellor mantemento da rede viaria de Vigo", resultado que a cidadanía empezará a notar, segundo Abel Caballero, a partires da próxima semana. O rexedor subliñou ademais a importancia da contratación para as actuacións "en casos de emerxencia", e felicitou á concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, pola contratación deste servizo.
130 novos traballadores
No punto 14 da orde do día da Xunta, se aprobou o proceso de selección de persoal dos programas de cooperación da Xunta de Galicia, criterios polo que 130 desempregados pasarán a traballar nos distintos departamentos do Concellos subvencionados pola Consellería de Traballo e como parte do Plan de Emprego Municipal 2007-2011.
O baremo establece, segundo o alcalde, prioridades no proceso para as mulleres, os parados de longa duración, discapacitados, vítimas de violencia de xénero, etcétera.
Novos orzamentos 2009
O alcalde salientou que "hoxe iniciamos a elaboración dos orzamentos para 2009", coa aprobación dos criterios para a realización dunha previsión inicial. A concelleira de Economía e Facenda comezará as reunións cos concelleiros municipais, informou Abel Caballero, baixo o obxectivo de que en 2009 "os orzamentos de Vigo entren en vigor o 1 de xaneiro", tal e como sucedeu neste 2008.