luns, 7 xullo 2008

Ata 25 rúas da cidade estarán en obras de mellora este setembro

O alcalde, Abel Caballero, informou este luns que os traballos de mellora da Alameda de Bouzas e de Eugenio Kraft, en Balaídos, comezarán "en 20 días aproximadamente". Ademais, o rexedor adiantou que en dúas semanas empezan as humanizacións do mercado de Teis e da rúa Esperanto. En total, e xunto cos aparcadoiros xa en obras, "entre agosto e setembro", 25 rúas de Vigo estárán en traballos de mellora.

O alcalde recibe ao novo delegado para Galicia do pobo saharaui

luns, 7 xul 2008

O novo delegado, Ahmedu Mojtar, está a realizar unha ronda de contactos por toda Galicia e hoxe luns mantivo un encontro co alcalde vigués, Abel Caballero. Este ano, 76 nenos saharauis de entre 7 e 12 anos serán recibidos por unha familia de acollida de Vigo, cidade onde estarán os vindeiros dous meses. O rexedor adiantou que ofrecerá unha recepción aos rapaces e ás súas novas familias.

Campamentos de verán no Verbum<br />

luns, 7 xul 2008

Do 15 ao 31 de xullo desenvolverase no Verbum os campamentos de verán en horario de 10 a 14 horas e destinado a nenos e nenas de 5 a 12 anos. O prezo é de 1 euro por día e se dispón de 20 prazas por día. <br />

Campamentos de verano en el Verbum<br />

luns, 7 xul 2008

Del 15 al 31 de julio se desarrollará en el Verbum los campamentos de verano en horario de 10 a 14 horas y destinado a niños y niñas de 5 a 12 años. El precio es de 1 euro por día y se dispone de 20 plazas por día. <br />