A exposición "Centenario de Curros Enríquez" inaugúrase mañá na rúa do Príncipe
A rúa do Príncipe (diante do museo Marco) acolle dende mañá e ata o vindeiro 20 de xullo a exposición "Centenario de Curros Enríquez", segundo anunciou este venres o concelleiro de Cultura, Xesus López. O obxectivo da mostra, sinalou o edil do BNG, radica en "achegar a figura do poeta de Celanova á cidadanía no centenario do seu pasamento".
Xesus López explica que a mostra está articulada en tres conceptos "que percorren a vida e obra de Curros, como son o de nación, liberdade e progreso". Estes tres conceptos se desenvolven ao longo de nove módulos, unhas veces de forma descritiva mediante breves textos e outras de forma evocada, a través de imaxes. Pola súa banda, cada módulo desenvolve un tema determinado mediante textos musicados do propio Curros (agás o último que ten unha audición de Manuel María) e que lembran o feito de que a música ten sido "unha das formas de divulgación e popularización das obras do poeta". Ademais, os seus títulos foron tomados de poemas de Curros e representan a súa traxectoria dende o seu nacemento en Celanova ata a súa morte na Habana.
O primeiro módulo, "Camiño de Celanova", está adicado a infancia do escritor, os seus estudos en Madrid e a súa iniciación á poesía. O segundo, "Pra min non hai maio", lembra o seu traballo como xornalista fora de Galiza e a súa relación cos referentes culturais do momento. O terceiro módulo, "Falareilles da patria aos desterrados", recolle o ideario de Curros, sobre todo o presente na obra "Aires da miña terra", no que desenvolve a idea de aplicar ideas republicanas e progresistas aos problemas da realidade galega. O seguinte módulo, "S'eu fixen tal mundo", adícase ao anticlericalismo de Curros, ao constatar que a igrexa non é liberadora, senón reaccionaria.
"A terra deixa", quinto módulo, rememora a súa estadía en Cuba, etapa na que xurdiron proxectos como a creación da Real Academia Galega. O módulo sexto, Quen puidera convosco voar!" representa a volta de Curros a Galiza e a homenaxe que lle adicou A Coruña no 1904. O seguinte módulo "Alba de gloria para o oprimido mundo", percorre a evolución ideolóxica do escritor, quen partindo dun ideario republicano e internacionalista, chegou ao galeguismo. O módulo octavo, "Inda ao morrer", lembra a morte de Curros e os multitudinarios actos do seu enterramento. Finalmente, o módulo nove, "Hosanna ao poeta", refírese aos actos de homenaxe posteriores á súa morte, especialmente o monumento de Asorey.