venres, 11 xul 2008
O vindeiro luns, 14 de xullo, abrirase o prazo de inscrición na galescola da rúa Palencia, a primeira das que se abrirán en Vigo, froito do traballo conxunto entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Vigo. Segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, o centro, que comezará a súa andaina co curso escolar 2008/2009, disporá de 40 prazas distribuídas en tres unidades, e terá quendas de mañá, tarde e xornada completa.
venres, 11 xul 2008
A Policia Local conta desde hoxe con 26 novos efectivos que se suman ao 351 existentes actualmente na plantilla. O acto de xura, presidido polo alcalde Abel caballero, tivo lugar na praza do Rei.
venres, 11 xul 2008
O verán chega cargado de actividades a Vigozoo, ampliamos oferta educativa habitual para atender a un maior número de visitantes. Entre as actividades figurán os campamentos, as visitas guiadas ou un día no zoo.
venres, 11 xul 2008
Durante a visita que o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, realizou este venres ao campo de fútbol de Bouzas, anunciou a próxima remodelación da instalación e a colocación de herba sintética de última xeración. "Non hai máis que ver como está o campo para comprobar que necesita unha remodelación urxente", subliñou o edil.
venres, 11 xul 2008
O sábado ás 12:00 horas o alcalde e membros da patrulla Aguila, formación participante no Festival Aéreo Internacional de Vigo, visitarán aos rapaces ingresados no Hospital Xeral. Hoxe venres sobrevoarán e realizarán unha demostración no entorno do hospital.

venres, 11 xul 2008
Un total de cincuenta obras de pintura de gañadores e finalistas do Premio BMW de Pintura pódense ver na Casa das Artes ata o 10 de agosto.O primeiro galardón outorgouse ao pintor Guillermo Sedano Vivanco

pola obra titulada "Nevada", óleo sobre lenzo, 195x195 cm.
venres, 11 xul 2008
O alcalde, xunto con membros da organización do Festival Aéreo Vigo 2008, visitou onte xoves a exposición de maquetas do museo do exército do aire situada na Planta 6ª do Corte Inglés. A mostra estará exposta toda a semana que ven.

venres, 11 xul 2008
"Recunchos de Galicia" é a exposición de fotografías realizadas por Merche Rodríguez que se pode visitar no espazo de Xuventude Punto Xove desde o 14 ao 29 de xullo.
Anuncio de Mobilidade e Seguridade
venres, 11 xul 2008
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de urbanización do antigo solar

do Pobo Galego, a realizar pola empresa CONSTRUCCIONES VARELA VILLAMOR, estará pechada ao tráfico a rúa Travesía da Aurora, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 14 de xullo de 2008 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous meses.