Vigo contará cunha Semana Grande de festas do 4 ao 15 de agosto<br />
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, o concelleiro de Cultura, Xesús López, e o director da Obra Social de Caixanova, Guillermo Brea, presentaron a programación das Festa de Verán Vigo 2008, que se elaborou, segundo explicou o tenente de alcalde, baixo dous eixos fundamentais: converter a Vigo nunha cidade referente na celebración de grandes concertos e programar unha Semana Grande de festas cun amplo abano na oferta cultural e de entretemento, "para que os vigueses e viguesas sinta que realmente están en festas".
Domínguez salientou que, ata o de agora, Vigo non tiña uns días sinalados como acontece noutras cidades como San Sebastián o Bilbao. Así, do 4 ao 15 de agosto e coincidindo coas celebracións do Cristo da Victoria e San Roque, a Concellería de Cultura elaborou un amplo calendario de actividades que se desenvolverán, principalmente no centro urbano da cidade, aínda que durante o resto do verán tamén percorreran os barrios de Vigo. Santi Domínguez afirmou que se trata das "mellores festas dos últimos anos" e neste sentido quixo agradecer publicamente a implicación de Caixanova. "Esta nova concepción das festas nos sería posible sen a aposta de Caixanova" dixo.
Seguindo a estela do tenente de alcalde, o director da Obra Social de Caixanova, Guillermo Brea, recoñeceu tamén que se trata das festas máis importantes que se recordan na cidade, e que para a entidade financeira resulta fundamental que Vigo conte cunhas festas ou nivel doutra grandes cidades.
O responsable da Concellería de Cultura, Xesus López, foi o encargado de explicar máis polo miúdo a ampla programación prevista para este ano. Xesus López salientou que para aunar esta nova concepción das festas creouse a marca Vigo Aberto, que explica o carácter aberto da cidadanía e dos novos espazos empregados, ademais de ser integrador de todas as manifestacións culturais. No que respecta aos concertos, Castrelos acollerá 11 citas musicais que arrancarán o vindeiro día 22 de xullo cos madrileños Pereza e que continuarán con Roger Hodgson, Rubén Blades, La Quinta Estación e Siniestro Tortal. Neste mesmo escenario se celebrará a segunda edición do Festival Vigofolk, que nesta ocasión conta cun cartel de luxo con nomes como Emir Kusturica, Xosé Manuel Budiño, Milladorio o Paul Winter, entre outros.
O recinto do Instituto Feiral de Vigo volverá a estar no punto de mira das grandes citas musicais, como xa o fixera con Lenny Kravitz, Bob Dylan e Estopa. O 2 de agosto terá lugar a celebración do Festival Creamfields, a cita coa música electrónica. Chemical Brothers, Vitalic Live ou Derrick May serán algúns dos nomes deste evento que pretende consolidarse na cidade. Con esta concepción de duración no calendario o 8 e 9 de agosto se celebrará o Festival Alternavigo, unha cita que promete ser o maior festival de rock e metal de Galicia e na que actuarán grupos tan importantes como Barricada, Gamma Ray ou Reincidentes. O peche dos concertos de verán no Ifevi o porán os integrantes de El Canto del Loco.
Outro espazo moi importante nestas festas será o Peirao de Trasatlánticos. Alí se celebrarán varios programas, como o Vipop, que pretende chegar a todos os públicos amantes do pop e dos concertos de calidade. Vipop traerá o 5 de agosto a Miguel Bosé e o 14 de agosto a Manolo García. O programa Travesías será a cita da diversidade e mestizaxe musical con artistas chegados de diferentes puntos do mundo, como Sergent García ou Zuco 103. Finalmente, a Estación de Ría acollerá o programa Vigourbán, concebido en torno á chamada cultura urbana e que agrupará música, arte, deportes, danza e obradoiros. Neste contexto se celebrará a VIII Open Skate e BMX "O Marisquiño" que terá o seu colofón final co concerto de Violadores del Verso o 10 de agosto.
Pregón de Marta Larralde
O pistoletazo de saída á Semana Grande o porá o pregón das festas, a cargo da actriz viguesa Marta Larralde, e que inaugurará as actividades previstas na Praza da Constitución. As actividades infantís estarán centralizadas no Monte de O Castro, coa creación do parque "Castro Cativo", do 4 ao 14 de agosto, e que se completará cun ciclo de teatro e con outra actividades no Parque de Castrelos, na zona peonil do Calvario e na Praza de Independencia.
A Mostra de Artesanía e Gastronomía do Casco Vello, o ciclo de cine "Realidade 2008", o programa Linguas Vivas, os concertos dos ciclos "Un mar de bandas" e "Un mar de corais", as diferentes citas gastronómicas da cidade e o Maratón Fotográfico completarán a oferta cultural e de ocio desta programación, que neste ano contou cun orzamento de 2.100.000 euros.