Escoitar
A mostra exhibirá 23 imaxes de MAGAR durante a fase de construción do aparcadoiro subterráneo

Concello e Caixa Galicia expoñen fotografías do Vigo do século pasado nas obras do aparcadoiro de Garcia Barbón

Caixa Galicia e o Concello de Vigo organizaron unha exposición de fotografías antigas da cidade olívica que se colocará en paneis que van rodear as obras de construción do aparcadoiro de Policarpo Sanz-García Barbón, que dotará á cidade de 570 novas prazas de aparcadoiro. Co lema Mellorando o futuro, a exposición trata de presentar aos vigueses o resultado das obras e un contido atractivo que alixeire a difícil convivencia diaria co espazo en obras.

mércores, 9 xul 2008
1215606411parquin1.jpg
A exposición, que se pode contemplar dende o mércores 9 de xullo, componse de 23 fotografías antigas de Vigo, o seu autor é Manuel García Castro MAGAR. As imaxes, de 1,83 x1,22 m, abarcan un período de tempo que vai dende principios do século XX a mediados dos anos 60.

Caixa Galicia participa no financiamento de tres dos novos aparcadoiros subterráneos que se constrúen en Vigo: o de Policarpo Sanz-García Barbón, o de Pintor Colmeiro e o do Areal. Os tres aparcadoiros disporán de 1.569 novas prazas para automóbiles.

Manuel García Castro

O nome de Manuel García Castro MAGAR vai unido a unha parte da historia recente da cidade de Vigo, como o dun dos fotoxornalistas máis carismáticos da cidade. Magar ilustrou varios libros sobre Vigo, entre os que se encontran Vigo por Magar: 40 anos en Branco e negro e Vigo por Magar II: Instantáneas e retratos da vida viguesa (1960-2004)
1215606411parquin1.jpg
1215606441parkin2.jpg
Descargar todas as imaxes