Escoitar

Cine e fotografía no Verbum

O xoves, 10 de xullo, ás 21 horas no Museo Verbum proxectarase o telefilme galego "Máis ca irmáns" e ata o 11 de xullo en horario de 10 a 21 horas poderase contemplar unha exposición fotográfica sobre Venezuela.

mércores, 9 xul 2008
1215605553maiscairmans.jpg
"Máis ca irmáns"
Argumento: a historia real dos chamados "imáns de Cambre", un home e unha muller que formaron parella sen saber que eran irmáns. A súa situación supuxo un dos primeiros precedentes para o recoñecemento legal das parellas de feito, debido á repercusión social e mediática que tivo o caso. Rodado en localizacións de Barcelona e Cambre, Arteixo, a Fraga de Cecebre, entre outras.
Xénero: drama
Duración: 90 minutos
Ano de produción: 2005

Exposición fotográfica sobre Venezuela

Etnia WOTUJA: os Wotuja celebran unha cerimonia de iniciación na adultez dos varóns máis novos que termina cunha danza: o Warime.
Os Wotuja aproxímanse a 14.494 individuos e ocupan territorios dos estados Amazonas e Bolívar.

Etnia WARAO: entre as danzas cunha significación que poderiamos asociar, atópanse os seus bailes de agradecemento polas colleitas. O nahananuu é unha danza destinada a agradecer a Kanobo ("o noso avó") a comida proporcionada ao longo do ano.

O CHAMÁN: para cumprir o seu oficio, o chamán debe transmitir os mitos do seu pobo, debe posuír condicións vocais e musicais. A curación iníciase cun canto de invocación aos espíritos ao son da maraca tradicional; son elas as que curan en realidade.

Os WAYUU: os Wayuu son o pobo indíxena máis numeroso en Venezuela (aproximadamente 293.777 persoas) e o que alcanzou maior participación social ata o momento. Este pobo divídese en 12 clans e ten as súas propias leis que se remontan a centos de anos. É unha sociedade matriarcal e mantén profondo respecto polos seus ancestros. Este pobo ten unha intensa vida espiritual e nos seus soños reciben á guía para dirixir as súas vidas.
Descargar todas as imaxes