O Concello investiu 45.000 euros na mellora das pistas de atletismo de Balaídos
O Concello realizou un importante esforzo para eliminar diversos problemas que detectara nas pistas de atletismo de Balaídos, con independencia do proxecto de estadio atlético que se prevé para o futuro. Nas últimas datas, e tras visitar as pistas o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, procedeuse a unha substancial mellora dos vestiarios, coa colocación de chan plástico (investimento de 5.800 euros), pintado dos mesmos (11.700 €) e instalación dunha nova caldeira (18.000 €).
Desde a Concellaría de Deportes tamén se entregou á Delegación Viguesa de Atletismo, que mediante convenio está encargada do mantemento do estadio municipal, novo material (rodete absorbente, 1.200 €) para anular posibles charcos no tartán en tempos chuviosos. Así mesmo, o Concello mellorou substancialmente o alumeado da pista (o estadio dispón de catro torres con 10 focos cada unha), o que supuxo un investimento de 7.300 euros. Tamén estes días se procedeu á roza de herbas no perímetro interior da pista. En total, o investimento para unha mellora substancial das condicións da instalación foi duns 45.000 euros, uns 7,5 millóns das desaparecidas pesetas.
O estadio de atletismo de Balaídos inaugurouse en 1981. A superficie da instalación é de 21.110 metros cadrados e a pista, de tartán, ten unha corda de 400 metros con oito rúas. A capacidade da bancada permite a presenza dunhas 1.600 persoas.
O estadio de atletismo de Balaídos inaugurouse en 1981. A superficie da instalación é de 21.110 metros cadrados e a pista, de tartán, ten unha corda de 400 metros con oito rúas. A capacidade da bancada permite a presenza dunhas 1.600 persoas.