A Escola "Mar de Vigo IV" expón no encontro de embarcacións tradicionais de Brest a única traiñeira de Galicia <br />
A traiñeira tradicional elaborada polos alumnos da Escola Obradoiro ten 11 metros de eslora por 2,5 de manga e un peso de 4 toneladas. Estará exposta no "gran encontro mundial de embarcacións tradicionais" do día 11 ao 17, xunto con 2.000 embarcacións de 30 países distintos. Un total de 6 tripulantes vigueses acudirán ao evento, que recibíu na pasada edición, celebrada en Ferrol, preto de un millón de visitantes.
O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, e o Director da Escola Obradoiro "Mar de Vigo IV", Enrique Otero, presentaron este mércores a participación da cidade no "gran encontro mundial de embarcacións tradicionais", en verbas de Otero, que se celebra na localidade francesa de Brest entre o 11 e o 17 de xullo.
A escola aporta a única traiñeira tradicional de Galicia, unha das dúas existentes en toda España, xunto cunha construída no País Vasco. As súas medidas son de 11 metros de eslora e 2,5 de manga, cun peso que alcanza as 4 toneladas, e forma parte das 25 embarcacións que envía Galicia ao evento.
A traiñeira xa está na localidade francesa, á que chegou a bordo dun transporte especial terrestre. Alí se sumará aos 2.000 barcos de 30 países diferentes que participan nunha mostra na que colaboran 600 voluntarios e están acreditados 800 periodistas, e que na anterior edición congregou a un millón de visitantes.
O concelleiro informou que o día 16 de xullo está dedicado a Galicia, que aporta 150 tripulantes, 6 deles do "Mar de Vigo IV", e conta con 1.500 metros cadrados de exposición. Alí se promocionará, co vínculo do patrimonio marítimo, a cultura galega, o seu folclore, a artesanía e a gastronomía, no día no que todas as embarcacións galegas sairán ao mar.
Enrique Otero agradeceu ao edil de Participación Cidadá que "apostara por un proxecto que anima a manter e incrementar o patrimonio marítimo" da cidade, unha escola que forma a 40 mozos de entre os 15 e os 25 anos para acadar un emprego.
Santos Héctor, pola súa banda, salientou que o investimento de "máis de 750.000 euros" noa escola obradoiro ten o seu reflexo internacional na presencia da mesma no encontro de Brest. O concelleiro agradeceu o labor dos alumnos do centro, tanto dos actuais coma dos antigos, e reiterou o seu "compromiso coa recuperación do patrimonio marítimo e cultural" vigués.
Descargar todas as imaxes