mércores, 9 xul 2008
A traiñeira tradicional elaborada polos alumnos da Escola Obradoiro ten 11 metros de eslora por 2,5 de manga e un peso de 4 toneladas. Estará exposta no "gran encontro mundial de embarcacións tradicionais" do día 11 ao 17, xunto con 2.000 embarcacións de 30 países distintos. Un total de 6 tripulantes vigueses acudirán ao evento, que recibíu na pasada edición, celebrada en Ferrol, preto de un millón de visitantes.
mércores, 9 xul 2008
Nas vindeiras horas e "en función das condicións do mar", sairá do Porto de Vigo a embarcación que representará de Turismo de Vigo e promocionará á cidade na Festa Marítima que terá lugar na localidade francesa de Brest, segundo anunciou este mércores o tenente de alcalde Santi Domínguez. "Posto que Galiza será o país invitado na festa que do 11 ao 17 de xullo se celebrará en Brest, Vigo tiña que estar presente sen ningunha dúbida", salientou o tenente de alcalde.
mércores, 9 xul 2008
O Gran Premio Cidade de Vigo disputarase este sábado no estadio de atletismo de Balaídos, e no seu programa incluirá os Campionatos de España de 10.000 metros (masculino e feminino), o que concitará en Vigo á elite estatal do fondo en busca da mínima para competir nos Xogos Olímpicos de Pequín. A entrada será gratuíta e as probas comezarán ás 19.30 horas.
mércores, 9 xul 2008
O Concello realizou un importante esforzo para eliminar diversos problemas que detectara nas pistas de atletismo de Balaídos, con independencia do proxecto de estadio atlético que se prevé para o futuro. Nas últimas datas, e tras visitar as pistas o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, procedeuse a unha substancial mellora dos vestiarios, coa colocación de chan plástico (investimento de 5.800 euros), pintado dos mesmos (11.700 €) e instalación dunha nova caldeira (18.000 €).
A mostra exhibirá 23 imaxes de MAGAR durante a fase de construción do aparcadoiro subterráneo
mércores, 9 xul 2008
Caixa Galicia e o Concello de Vigo organizaron unha exposición de fotografías antigas da cidade olívica que se colocará en paneis que van rodear as obras de construción do aparcadoiro de Policarpo Sanz-García Barbón, que dotará á cidade de 570 novas prazas de aparcadoiro. Co lema Mellorando o futuro, a exposición trata de presentar aos vigueses o resultado das obras e un contido atractivo que alixeire a difícil convivencia diaria co espazo en obras.
mércores, 9 xul 2008
O xoves, 10 de xullo, ás 21 horas no Museo Verbum proxectarase o telefilme galego "Máis ca irmáns" e ata o 11 de xullo en horario de 10 a 21 horas poderase contemplar unha exposición fotográfica sobre Venezuela.