Xa están a venda as entradas para os concertos de Rubén Blades, Roger Hodson e Pereza
O vindeiro día 22 o grupo Pereza inaugurará o calendario de citas musicais previstas no Auditorio de Castrelos, dentro da programación das Festas de Verán de Vigo elaborado pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. As persoas interesadas xa poden facerse coas entradas para os concertos de Pereza, Roger Hodson e Rubén Blades, que actuarán neste escenario os días 22, 23 e 30 de xullo respectivamente ás 23 horas. As entradas terán un prezo de 10 euros anticipada e 12 euros en taquilla e poden adquirirse en Caixanova, a través da web www.servinova.com e no 902 504 500, ou na Central de Espectáculos.
Os madrileños Pereza presentarán en Vigo o seu novo traballo Aproximaciones, un disco co que a banda deu un salto cualitativo que os colocou na primeira liña do panorama musical nacional. O grupo nace en 1999 como unha banda de versións pero grazas á aposta de un cazatalentos, que asistira a un dos seus concertos, os irmáns Rubén e leiva comezan a dar pasos firmes no mercado musical. Pereza, (2001), Algo para cantar (2003), Animales (2005) e Los amigos de los Animales (2006) confirman a boa traxectoria deste grupo que xa forma parte da xeración de artistas como Deluxe, Amaral ou Sidonie.
Roger Hodson é un dos cantautores máis apreciados dos nosos días. Foi un dos fundadores de Supertramp, grupo ao que pertenceu dende a súa formación en 1969 ata o ano 1983, e compuxo os maiores éxitos da banda, como Give a little bit, The logical song, Dreamer, Take the long way home, ou It’s raining again. Un ano despois de abandonar Supertramp produce e realiza os arranxos do seu primeiro disco en solitario, In the eye of the storm, no que toca practicamente todos os instrumentos, excepto nalgúns poucos temas. En tan só un mes foi disco de platino en Canadá. En 1987, na mesma semana que se publicaba o seu segundo disco en solitario, Hai hai, Roger tivo un accidente co que se rompeu as dúas mans. Pese a que os médicos lle dixeron que non podería volver a tocar, tras un largo período de recuperación, demostrou que estaban equivocados. Aínda así, tiveron que pasar dez anos antes de que vise a luz o seu seguinte álbum, un concerto en directo titulado Rites of passage, no que participou o seu fillo Andrew. Xa no 2000, Hodgson publicou Open the door, o seu primeiro disco gravado en estudo en catorce anos.
Pola súa banda Rubén Blades, o protagonista da salsa intelectual e cantautor, músico, actor, avogado e político panameño, desenvolveu a meirande parte da súa traxectoria en Estados Unidos. Dende os anos 70 ata a actualidade ten gravado máis de vinte discos e participou como convidado en 15 gravacións con varios artistas de distintos xéneros e tendencias. Na súa faceta como actor, Blades estivo en diversas produccións de Hollywood e tamén en traballos independentes. O seu labor foi recoñecido con seis premios Grammy. No 2007, Baldes iniciou unha etapa interactiva, amosándose próximo á xente nun programa via Podcast chamado El Sohow de Rubén Blades SDBR, realizado en Panamá, e no que fai comentarios sobre novas bandas e resposta ás preguntas dos internautas.
Descargar todas as imaxes