A concelleira de Benestar Social visita a unidade móbil do programa Café e calor na rúa, que atende a 40 persoas diarias <br />
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou este xoves a unidade móbil do programa Café e calor na rúa, desenvolvido pola propia Concellería de Benestar Social a través dun convenio con Médicos do Mundo, e que segundo apuntou a edil do BNG atende arredor de 40 persoas ao día.
"O traslado do programa Café e calor á rúa, concretamente á rúa do Príncipe, ten o obxectivo de dar a coñecer á sociedade o traballo que estamos a desenvolver coas persoas en risco de exclusión social", salientou a concelleira nacionalista.
María Méndez explicou que o programa está concibido dentro da filosofía de "reducción de danos", onde teñen cabida diferentes xeitos de intervención destinados a minimizar os danos asociados ao consumo de drogas e a disminución da marxinalidade. De feito, o programa está incluído no Plan Local sobre Dogodependencias e outras adiccións, que este ano cumpre o décimo aniversario da súa posta en marcha. "Mediante esta iniciativa ofrécense recursos hixiénicos como lavandería, ducha e perruquería e ademais as persoas que o precisan poden tomar algo quente", sinalou a concelleira de Benestar Social.
"É unha obriga das administracións traballar por mellorar a calidade de vida das persoas, e dende Benestar Social apostamos por levalo a cabo", salientou María Méndez, quen agradeceu ao persoal do Plan Local de Drogas e de Médicos do Mundo o traballo que están a desenvolver. A concelleira do BNG engadíu que mediante este programa, ademais de ofrecer información sociosanitaria, tamén se levan a cabo obradoiros de educación para a saúde, para que a propia persoa se involucre no coidado da súa propia saúde e así aumentar a normalización social e sanitaria.
Descargar todas as imaxes