Máis de 200 personas garantirán a seguridade no Festival Aéreo de Vigo
O alcalde presidíu este xoves a Xunta de Seguridade na que se adoptaron as medidas de tráfico e seguridade para o Festival Aéreo de Vigo que se celebrará o vindeiro 20 de xullo en Samil. A seguridade aérea, marítima e terrestre "está garantida", salientou o alcalde, quen fixo un chamamento para que os cidadáns se acheguen a ver o festival en transporte público. 20 lanzadeiras de VITRASA facilitarán o acceso desde a Praza de América.
Máis de 200 persoas, segundo explicou o alcalde, "garantirán ao 100%" a seguridade no Festival Aéreo de Vigo que se celebrará en Samil este 20 de xullo. Na Xunta de Seguridade celebrada este xoves participaron responsables da seguridade marítima e aérea, de aviación civil, de aeroportos nacionais, da Policía Nacional e Local, de Protección Civil e da Garda Civil do mar, co obxectivo de "garantir todos os ámbitos de seguridade do Festival Aéreo", salientou Abel Caballero.
Os avións voarán a unha distancia de seguridade mínima de 300 metros en horizontal desde a praia, 50 metros máis preto que o pasado ano, e os helicópteros o farán a un mínimo de 200 metros do areal, o que conxuga "seguridade absoluta" e a capacidade de ver as manobras dos participantes. Os saltadores contarán cun espazo de 15x15 metros acoutado en Samil para tomar terra.
Abel Caballero informou que se está a estudar a posibilidade de enviar o sinal de voz que narra as acrobacias dos avións na praia ás embarcacións que seguen o Festival desde o mar, un fenómeno que reuniu o pasado ano a preto de 250 barcos nas augas. A voz se enviaría mediante un canal UHF.
A operatividade normal do aeroporto está garantida, así como o de Protección Civil e Cruz Vermella. Estes últimos teñen prevista incluso a evacuación por mar, onde agardará en Bouzas unha ambulancia para trasladar a un posible ferido.
Lanzadeiras desde Praza de América
Ademais da seguridade, o alcalde trasladou a importancia especial que se lle vai dotar ao tráfico no día do evento. Por este motivo, o Concello habilita carrís reservados para o transporte público desde Praza de América, tanto no sentido de ida a Samil como de volta; percorrido que realizarán 20 autobuses desde as 8 da mañá ata a finalización do evento. Abel Caballero destacou que así "non hai espera" para facer o traxecto.
Tamén se instalarán dous dispositivos da Policía Local "para ordenar a circulación e o estacionamento" no entorno do Monte do Castro e do aeroporto, lugares identificados como puntos de saturación no día do Festival.
Este "dispositivo complexo" precisa da colaboración cidadá, que o alcalde solicitou facendo un chamamento a achegarse a presenciar o evento, pero tamén a facelo no transporte público.
Descargar todas as imaxes