Deber de facer un uso autorizado dos bens de dominio público local
<br />
As beirarrúas, prazas, paseos e parques, como bens de uso público local, deben atoparse libres de obstáculos para non entorpecer a libre circulación dos viandantes.
Vén sendo unha práctica habitual, que os titulares de certas actividades tales como bares, restaurantes, axencias de viaxes..., realizen un uso común especial non autorizado do dominio público local colocando sobre o espazo público carteis publicitando as súas actividades (carteis de menús, ofertas de axencias de viaxes...).
Estos carteis constitúen un obstáculo na vía e entorpecen a libre circulación dos viandantes, especialmente daquelas persoas con discapacidade ou mobilidade reducida que teñan que desprazarse en cadeira de rodas.
Lémbrase á cidadanía que estes usos do dominio público non están autorizados pola Administración Municipal e sancionaranse de acordo co establecido na normativa vixente.