Escoitar
Persoal

Contratación dun operador de informática e dun técnico medio de Bibliotecas

<br />

venres, 11 xul 2008
A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 27 de xuño de 2008, adoptou acordos aprobando as bases rectoras dos procesos selectivos para a provisión con carácter interino por acumulación de tarefas, dun/dunha operador de informática e dun/dunha técnico/a medio de bibliotecas, por un período máximo de seis meses.

Ponse en coñecemento dos aspirantes que as citadas bases atópanse expostas no taboleiro de edictos da Casa do Concello e na páxina web (www.vigo.org).

O prazo de presentación de instancias será de tres (3) días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio na prensa local.