Escoitar
Anuncio de Urbanismo

Convenio urbanístico de xestión para a axecución da urbanización do polígono "Pobo Galego" e o seu entorno (EXPTE. 4799/401)

venres, 11 xul 2008
A Xunta de Goberno Local en sesión do 9 de xuño de 2008, adoptou o seguinte acordo:

"1.- Aprobar inicialmente o convenio de xestión contido como Anexo á presente proposta, a subscribir entre o Concello de Vigo e o Colexio oficial de Arquitectos de Galicia polo que se define e harmoniza o ámbito de urbanización do polígono "Pobo Galego" e o seu entorno.

2.- Someter o presente convenio a un trámite de información pública por un prazo de vinte días. Pubríquese a apertura do mesmo no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión da provincia de Pontevedra."

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo DE VINTE DIAS, mediante publicación do acordo no DOG, nun diario dos de maior difusión da provincia e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo. O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que por resultar descoñecidos/as ou por ignorar o seu domicilio non poidan ser notificados/as persoalmente.

Fíxese no taboleiro de anuncios da Xerencia de Urbanismo.