O concelleiro Xabier Alonso anuncia a remodelación do campo de fútbol de Bouzas
Durante a visita que o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, realizou este venres ao campo de fútbol de Bouzas, anunciou a próxima remodelación da instalación e a colocación de herba sintética de última xeración. "Non hai máis que ver como está o campo para comprobar que necesita unha remodelación urxente", subliñou o edil.
Xabier Alonso explicou que para levar a cabo as melloras previstas, entre as que mencionou a instalación de herba sintética de última xeración, a Concellería de Deportes está tramitando un cambio no expediente correspondente para realizar unha modificación de crédito que deberá ser aprobada en pleno, "espero que no deste mes", apuntou. "Este campo tal e como está non é un lugar para xogar un equipo como o Rápido de Bouzas", asegurou o concelleiro nacionalista.
Na súa intervención, o concelleiro de Deportes felicitou ao clube pola súa iniciativa de incluír o fútbol feminino nas súas categorías, e salientou que na práctica deportiva, os rapaces e rapazas non só aprenden as regras dun deporte determinado, senón tamén aprenden valores como a solidariedade e o xogo en equipo "que os acompañarán toda a vida". Neste sentido, destacou o traballo que o Rápido de Bouzas desenvolve coa canteira e indicou que "merece a resposta axeitada da administración".
"Espero que finalmente poidamos facer unha festa pola remodelación das instalacións e polo ascenso do equipo a segunda división", manifestou Xabier Alonso, quen asegurou sentirse "encantado de estar cuns compañeiros que afrontan unha nova etapa". Precisou que, mentres se desenvolvan as obras de mellora no campo, se resolvan "sen problema e con diálogo entre a xunta directivo do clube e Concello" os atrancos que poidan xurdir.
O presidente do Rápido de Bouzas, Manuel Seoane, agradeceu o traballo que desenvolve a Concellería de Deportes e resaltou a "boa sintonía" que existe entre o clube e o tenente de alcalde e o concelleiro de Deportes. Explicou que é "sintomático" que hai nove anos fose un concelleiro de Deportes do BNG, o actual tenente de alcalde Santi Domínguez, quen instalara a herba que ten o campo actualmente, e que sexa tamén outro concelleiro do BNG o que leva a cabo a remodelación.
Descargar todas as imaxes