xoves, 17 xul 2008
Este mediodía presentouse en Madrid o Campionato do Mundo de Powerboat P1, que se celebrará por primeira vez no Estado Español en augas da Ría de Vigo os días 11, 12,13 e 14 de setembro. No acto o tenente de alcalde, Santi Dominguez, agradeceu á Powerboat a gran aposta pola cidade e lembrou que "a cidadanía de Vigo está volcada no deporte e boa proba delo é o inmenso apoio a todos os grandes eventos deportivos disputados na cidade".

xoves, 17 xul 2008
Servizo especial de Autobuses-Lanzadeira desde Praza América hasta Samil con motivo do Festival Aéreo do 20 de Xullo.
xoves, 17 xul 2008
O evento servirá de edición ponte cara ao Festival Internacional de Clown de Galicia que se instalará definitivamente en Vigo a partires do vindeiro ano

A cidade de Vigo volverá a ser un referente no ámbito cultural e na formación artística grazas á celebración do Mundoclown 2008. Así o anunciou esta maña o concelleiro de Cultura, Xesús López, durante a presentación deste importante evento, na que estivo acompañado por Francisco Rey, da Cooperativa Cultural, e Yolanda Díaz, representante da Obra Social Caixa Galicia.

xoves, 17 xul 2008
Oitenta arqueiros de toda Galicia (trece deles de Vigo), entre os que destacan varias compoñentes da selección española, acoden este sábado día 19 ao campo das Barrocas, en Valadares, para disputar o Campionato Galego de tiro con arco ao aire libre, na súa trixésima terceira edición. Os tiradores estrearán campo grazas ás xestións do concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, que acordou coa directiva do Centro Veciñal e Cultural de Valadares que os arqueiros poidan competir ao aire libre nas Barrocas, onde os competidores tamén dispoñen dos servizos necesarios como vestiarios. Alonso destacou que é "un espazo adecuado", e agradeceu a total colaboración do centro cultural. O Club de Arqueiros Nito Ruiz é o organizador da proba.

xoves, 17 xul 2008
O éxito da mostra "Álvarez Blázquez, arqueólogo de Vigo", instalada no Museo de Castrelos co gallo da súa homenaxe no Día das Letras Galegas 2008, motiva a ampliación da súa exposición ao público ata o 7 de setembro, segundo anunciou este xoves a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure. A edil do BNG explicou hoxe que máis de 2.000 persoas visitaron xa a mostra dende a súa inauguración o pasado mes de maio.