A reforma do Auditorio Municipal permitirá a Vigo contar cunha programación estable de artes escéncias<br />
Co obxectivo de dotar á cidade de Vigo dunha programación estable de teatro, e das artes escénicas en xeral, a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural iniciará en aproximadamente un mes o proxecto de reforma do Auditorio Municipal, segundo anunciou este mércores o tenente de alcalde, o nacionalista Santi Domínguez. Na presentación do proxecto, no que tamén participou o concelleiro de Cultura, Xesus López precisou que as obras, que contarán cun investimento de 1.385.000 euros, estarán rematadas en sete meses.<br />
"Con este proxecto damos cumprimento a unha das promesas electorais do BNG, de dotar a Vigo dunha programación estable de artes escénicas", subliñou o tenente de alcalde na súa intervención. Ao seu xuízo, á cidade precisa que dende o Concello se oferte unha programación estable, "que ata este momento estaba fundamentalmente en mans privadas". Segundo Santi Domínguez, superar esta eiva centra o compromiso do BNG, pero para elo é preciso contar cun Auditorio Municipal axeitado, xa que nestes momentos "non cumpre cos requisitos máis elementais" para traer compañías de calidade e para que o público contemple as representacións en condicións óptimas.
Santi Domínguez considerou que á instalación existente na actualidade é "demasiado" chamarlle Auditorio Municipal, senón que máis ben se trata dun "salón de actos", no que as persoas que se sentan nas butacas situadas na parte de atrás "dificilmente contemplan o escenario". Así, o tenente de alcalde salientou que dende que se aprobou o novo orzamento, unha das prioridades consistíu en "traballar para levar adiante a reforma do auditorio", que finalmente foi aprobada na última Xunta de Goberno Local e á que se destinará un investimento de 1.385.000 euros.
Ás obras de remodelación, entre as que se atopan a modificación da disposición das butacas en forma de grada, co obxectivo de gañar en visibilidade, a ampliación do escenario, a adaptación dos novos vestiarios e aseos, e a creación de novos accesos dende a Praza do Rei, destinaranse, 900.000 euros. O Concello contará cunha aportación de 400.000 euros da Consellería de Cultura, que se destinará integramente á mellora do equipamento técnico (336.130 euros) e mobiliairio (148.886 euros).
"Por fin acadaremos que Vigo teña un Auditorio válido para o goce das artes escénicas", salientou o tentente de alcalde, quen asegurou que isto fará que a cidade teña "un impulso definitivo". Así, polo "esforzo desenvolvido", Santi Domínguez felicitou ao concelleiro de Cultura. Pola súa banda, Xesus López asegurou que dende o Concello "estase superando unha das grandes eivas da cidade" para que en sete ou oito meses teñamos un local que sirva "para incrementar a nosa oferta cultural".
Xesus López detallou as deficiencias que presenta o Auditorio Municipal na actualidade, e indicou que o escenario ten un fondo reducido, de apenas 6 metros, que imposibilita a montaxe de determinados espectáculos, polo que tras a reforma superará os 7,5 metros. En canto á platea, indicou que actualmente non conta cun desnivel que permita conquerir as mínimas condicións de visibilidade esixibles para un espazo deste tipo dende as butacas de público, de xeito que se instalará coa inclinación suficiente para mellorar a visibilidade. Sinalou tamén que se instalarán camerinos, para que se poida desenvolver un "traballo de calidade".
O concelleiro de Cultura explicou que, posto que a ampliación do escenario supón que as primeiras butacas se desprazan ata atrás, o vestíbulo tamén experimentará unha "remodelación total". Indicou que o aforo do novo Auditorio será de 284 butacas "de gran calidade" e con espazo destinado para persoas con discapacidade. "Teremos un teatro no que actuarán os mellores grupos e que albergue todas as artes escénicas sen perder a intimidade necesaria", subliñou o concelleiro de Cultura.
Descargar todas as imaxes