Escoitar

XVIII Mostra do Traxe Galego

O vindeiro sábado dia 9 de Agosto as 22:30 horas tera lugar na Praza de Compostela o XVIII MOSTRA DO TRAXE GALEGO, organizado pola Escola Municipal de Danza e Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. <br />

luns, 28 xul 2008
1217245909016.jpg
A Escola de Municipal de Danza do Concello de Vigo, un ano máis, celebrará a MOSTRA DO TRAXE GALEGO.

Este ano estan a preparar a XVII edición da mostra. Este traballo inciouse no ano 1990, tras a inciativa do director da Escola, Polo. O primeiro ano, a Mostra foi unha das actividades concentradas na "Semana cultural popular" celebrada en Vigo. Cos anos, cesou a semana cultural, pero "A Mostra" seguiu realizándose con esforzo da Escola de danza e o patrocinio do Corte Inglés.

Nesta edición, amosaránse na praza Compostela, 30 traxes de home e muller, de todas as provincias da nosa comunidade autónoma.

Unha vez amosados os traxes, finalizará o acto coa actuación do grupo principal da Escola Municipal de Danza "O Tarabelo", acompañado polo grupo de gaitas "Airiños do Parque de Castrelos" e a actuación de grupo de música tradicional "Fume de Caroso".
Descargar todas as imaxes