mércores, 30 xul 2008
A Casa das Artes acolle dende mañá e ata o 31 de agosto a exposición "De Vigo a Bos Aires, Laxeiro e a pintura galega de posguerra", que mostra como Vigo se converteu no centro da creación plástica galega a partir de 1939 e ata 1951, ano no que Laxeiro viaxa a Bos Aires. Na presentación da mostra, a concelleira de Patrimonio Histórico, a nacionalista Elena Maure, salientou a "gran calidade da exposición" que permite facer un recorrido pola traxectoria pictórica de Galicia nos anos da posguerra.

mércores, 30 xul 2008
Os campamentos no Vigozoo están a contar cunha altísima participación. Nesta edición, dous días cheos de actividades, obradoiros, manualidades, xogos, rutas, visitas guiadas e por suposto pernoctando en tendas de campaña dentro do propio parque cunha visita nocturna incluída. Son actividades enriquecedoras, os rapaces de idades comprendidas entre 10 e 12 viven en primeira persoa no entorno dos animais. Deste xeito foméntase o respeto ao medioambiente e a súa diversidade.

mércores, 30 xul 2008
Coa inauguración hoxe dun centro de orientación afectiva e sexual á mocidade, Vigo xa forma parte da Rede Galega de Cetros Quérete, segundo anunciaron hoxe o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Lois Pérez Castrillo. A apertura deste centro, ubicado na rúa Ferrería do Casco Vello vigués, resulta "sumamente importante para a cidade", segundo a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso
mércores, 30 xul 2008
Baixo o título "XX Anos buscando tesouros en Vigo", o vindeiro luns 4 de agosto, comezará a vinte edición do Campamento Urbano no pavillón das Travesas. Esta iniciativa forma parte do programa de actividades de verán que desenvolve a Concellería de Xuventude do Concello de Vigo e que este ano incrementou nun 150 por cento o número de prazas ofertadas. O Campamento Urbano, organizado en colaboración coa Asociación Xuvenil Abertal, é gratuíto e está dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos.

mércores, 30 xul 2008
O Auditorio de Castrelos acollerá este sábado unha das xiras máis exitosas do verán. O grupo La Quinta Estación actuará por primeira vez en Vigo nun concerto que foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Xesús López, e unha responsable da promotora do evento, Raquel Seijo. O recinto volverá a encherse de público esta fin de semana "evidenciando unha clara aposta por Castrelos", afirmou o edil nacionalista, quen fixo fincapé no "efecto" tan positivo que causa o escenario nos artistas. Xesús López fixo referencia á actuación de Roger Hodgson, quen logo de rematar o seu concerto e "abrazarse ao seu manager polo gran éxito" declarou que "Vigo é o segredo mellor gardado".