Vigo quinta cidade de España en transparencia
Hoxe dia 29 de Xullo saiu publicado na prensa que o Concello de Vigo ocupa o quinto lugar en transparencia de toda España. O alcalde, Abel Caballero, valorou moi positivamente este resultado e propón como obxetivo para o ano que ven ser o concello número un en transparencia. "Os responsables da realización deste estudo felicitáronme moi vehementemente polo resultados obtidos" subliñou o rexidor. O estudo consta dunha serie de preguntas sobre onde esta localizada na web do concello unha determinada información. Despoís de responder ao cuestionario os responsable do mesmo comproban toda esta información e comparanla coa do resto dos concellos establecendo unha lista de mayor a menor transparencia. Este estudo o realiza Transparencia Internacional (TI), única organización non gobernamental a escala universal dedicada a combater a corrupción, congrega á sociedade civil, sector privado e os gobernos nunha vasta coalición global. TI non denuncia casos individuais de corrupción, senón que pola contra orienta os seus esforzos nunha perspectiva de logros sustentables no longo prazo, privilexiando a prevención e a reforma dos sistemas.<br /> <br /> Quizáis a principal ferramenta na loita contra a corrupción sexa o acceso á información.<br /> <br />