Escoitar

Pleno do 28 de Xullo.<br />

O 28 de xullo de 2008 celebrouse ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello a sesión ordinaria do pleno do Concello de Vigo.<br />

luns, 28 xul 2008
Vigo, 28 de xullo de 2008. – Celebrouse ás NOVE HORAS , de hoxe o Pleno do Concello de Vigo. Neste pleno se aprobou con voto favorable do goberno as moficacións orzamentarias contempladas no punto 2 e 3 de xestión municipal que consta de unha reclasificación de parte do pasivo do Concello.

Auméntase en 91.000.- euros a partida orzamentaria para o axardinamento da obra de acondiconamento da parcela de Don Bosco, donde se está a reconstruir a escalinata de Jenaro de La Fuente.

Aprobouse por unanimidade o punto 4 Modificación orzamentaria para substitución da herba sintética do campo de fútbol de Bouzas e trofeo Cidade De Vigo. As partidas que son obxecto dos aumentos son as seguintes: Campo de fútbol Bouzas 350.000.- Euros , Convenio Fundación Celta Cidade de Vigo 100.000.- Euros.

Aprobado por unanimidade a aprobación inicial da ordenanza reguladora do contido, organización e funcionamento do Rexistro Municipal de soares e edificios a rehabilitar. Este reglamento permitirá o Concello instar a remodelación de inmobles en mal estado ou edificar soares en ámbitos urbanizados. Esta ordenanza enmárcase nas medidas de urxencia en materia de vivenda e solo elaboradas pola Xunta de Galicia.