xoves, 31 xul 2008
O espectáculo multidisciplinar "Mércores ao solpor" será unha das actividades protagonistas durante o mes de agosto do Museo Verbum – Casa das Palabras, segundo anunciaron este xoves o concelleiro de Cultura, Xesus López, e o director do museo, Rosendo Covelo. Todos os mércores, ás 20.30 horas e ao prezo dun euro, distintos artistas de diversas disciplinas artísticas interectuarán co público asistente.

xoves, 31 xul 2008
O alcalde, Abel Caballero, informou este xoves as 12:00 horas na alcalcía da firma do convenio coa Comunidade de Montes de Valladares para o uso de antenas repetidoras. A empresa Talleres Electrotécnicos de Pontevedra, empresa de telecomunicacións será a encargada de instalar no Monte Cepudo a antena que dará o 100% de cobertura nas comunicacións a Policía Local e Bombeiros.

xoves, 31 xul 2008
Os seus oito anos de traxectoria o avalan como o evento musical electrónico máis importante de todo o mundo. Trátase do Festival Creamfields, un evento que chega por primeira vez a Vigo e que foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Xesus Lóez, o xerente do Instituto Feiral de Vigo, Arsenio Prieto, e o director do evento Lluis Torrens, de Sinnamon.

xoves, 31 xul 2008
A Asociación de Oceanógrafos de Galicia trasladase ás praias en plena temporada estival para presentar as Ciencias do Mar á sociedade. Efervesciencia na praia é unha campaña de comunicación social da ciencia,que aproveitará a gran riqueza do litoral galego, así como a importante afluencia turística ás praias durante os meses de verán.

xoves, 31 xul 2008
O alcalde, Abel Caballero, recibui esta mañá a Alberto González-Garcés , director xerente do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR. O obxectivo do encontro era dar un repaso aos proxectos que sobre a calidade da Ría está a realizar o Centro Tecnolóxico.