A biodiversidade, o camiño que garanta o aproveitamento do mar<br />
O alcalde, Abel Caballero, recibui esta mañá a Alberto González-Garcés , director xerente do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR. O obxectivo do encontro era dar un repaso aos proxectos que sobre a calidade da Ría está a realizar o Centro Tecnolóxico.<br />
O alcalde, Abel Caballero, e o director xerente do Centro Tecnolóxico de Mar-Fundacón CETMAR, Alberto González-Garcés, fixeron un repaso aos proxectos que están a realizar en torno a calidade e a sostenibilidade da nosa Ría. Entre os obxectivos fundamentais da Fundación atópanse a análise de prospectiva científico-técnica nos diferentes ámbitos de actividade marítimo pesqueira.
González-Garcés quixo reseñar que a Fundación exerce de vínculo entre os Centros e Institución de Investigación e o sector productivo marítimo. A idea é favorecer a transferencia de coñecementos e o seu desenvolvemento tecnolóxico.
O alcalde comprometeu o seu total apoio a Fundación, "Vigo naceu da súa ría e temos un dos portos pesqueiros máis importantes de España, o obxectivo é conxugar a actividade económica e a sostenibilidade". Repasaron tamén a memoria de actividade do 2007 e as áreas de traballo, especial interés tivo para o rexidor o estudio elaborado sobre a prevención e a mitigación da contaminación e a seguridade alimentaria.
Descargar todas as imaxes