Escoitar

O Festival Creamfields ofrecerá este sábado quince horas de música electrónica sen descanso <br /> <br />

Os seus oito anos de traxectoria o avalan como o evento musical electrónico máis importante de todo o mundo. Trátase do Festival Creamfields, un evento que chega por primeira vez a Vigo e que foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Xesus Lóez, o xerente do Instituto Feiral de Vigo, Arsenio Prieto, e o director do evento Lluis Torrens, de Sinnamon. <br />

xoves, 31 xul 2008
1217517105Creamfields.JPG
O IFEVI será testemuña directa deste festival que ofrecerá o sábado a partires das 17.30 horas un cartel de luxo con Chemical Brother e Vitalic Live como pratos fortes. Quince horas de música para os amantes dos sons electrónico que terán a partires de agora un espazo nas Festas de Vigo, porque o evento nace coa intención de perdurar no calendario. Neste sentido, o edil nacionalista explicou que o Creamfields é unha mostra máis do cumprimento nos obxectivos marcados á hora de programar as festas deste verán: "traer espectáculos con gran repercusión e para todo tipo de públicos". Xesús López lembrou o gran ambiente e "en sintonía co público vigués" creado na pasada noite por Rubén Blades, nun concerto que conseguiu achegar ao recinto a veciños e veciñas de Vigo de orixe latinoamericana.

O Festival Creamfields naceu en 1195 en Liverpool e a partires do ano 2000 foise exportando a outra lugares de Arxentina, Grecia, Australia, Eslovaquia ou Xapón. No 2004 chegou a España, concretamente a Andalucía e nesta edición a organización fixo realidade unha inquietude de anos anteriores: conseguir achegar o festival ao norte da

península. "Estamos encantados coa elección de Vigo e co cariño que recibimos dende o primeiro momento", salientou Lluis Torrens. Para a celebración desta primeira edición, e segundo explicou Torrens, configurouse un cartel máis reducido que o seu predecesor, Andalucía, para valorar a resposta do público. Torrens valorou moi positivamente o Instituto Feiral de Vigo porque "se trata dun recinto versátil e con capacidade para crecer os vindeiros anos". No apartado técnico, os organizadores van empregar unha fórmula que xa empregaron no Weekend Dance de Madrid, que garante un festival non-stop, e dicir, que o público vigués poderá gozar de quince horas de música sen paradas para os tradicionais cambios de grupo. Así, o escenario montado no IFEVI contará con dous actos escénicos, que inaugurará a holandesa Isis ás 17.30 horas. Agoria (19 horas), Tiga (22 horas), The Chemical Brothers (23.30 horas), Vitalic Live! (01.15 horas), James Holden (02.15 horas), Richie Hawtin (03.45 horas), Derrick May (05.35 horas) e Angel Molina (07.00 horas) pasarán por este festival o sábado, unha cita con 50.000 watios de son e 150.000 de luz.

Para garantir o acceso do público, o Instituto Feiral de Vigo puxo en marcha un servizo gratuíto de lanzadeiras de Vitrasa, que sairán de Eugenio Fabrique e o Areal ás 17 horas e que regresarán ao remate do último concerto.
Descargar todas as imaxes