martes, 29 xullo 2008

Vigo quinta cidade de España en transparencia

Hoxe dia 29 de Xullo saiu publicado na prensa que o Concello de Vigo ocupa o quinto lugar en transparencia de toda España. O alcalde, Abel Caballero, valorou moi positivamente este resultado e propón como obxetivo para o ano que ven ser o concello número un en transparencia. "Os responsables da realización deste estudo felicitáronme moi vehementemente polo resultados obtidos" subliñou o rexidor. O estudo consta dunha serie de preguntas sobre onde esta localizada na web do concello unha determinada información. Despoís de responder ao cuestionario os responsable do mesmo comproban toda esta información e comparanla coa do resto dos concellos establecendo unha lista de mayor a menor transparencia. Este estudo o realiza Transparencia Internacional (TI), única organización non gobernamental a escala universal dedicada a combater a corrupción, congrega á sociedade civil, sector privado e os gobernos nunha vasta coalición global. TI non denuncia casos individuais de corrupción, senón que pola contra orienta os seus esforzos nunha perspectiva de logros sustentables no longo prazo, privilexiando a prevención e a reforma dos sistemas.

Quizáis a principal ferramenta na loita contra a corrupción sexa o acceso á información.

O polifacético Rubén Blades elixe a cidade de Vigo como única cita galega da súa xira estatal

martes, 29 xul 2008

Unha nova cita coa música máis internacional chegará ao Auditorio de Castrelos mañá a partires das 23 horas. A actuación do polifacético Rubén Blades porá o punto e seguido a un musical mes de xullo cun concerto que foi presentado está mañá polo concelleiro de Cultura, Xesús López, e a responsable da promotora do evento, Raquel Seijo. O artista e actual ministro de Turismo de Panamá tocará algúns dos seus temas coa cantante galega Rosa Cedrón.

O Alcalde, firma convenios de Colaboración entre Vigo e Redondela

martes, 29 xul 2008

O alcalde, Abel Caballero, e o alcalde de Redondela Xaime Rei firmaron hoxe martes 29 de Xullo as 12:00 horas na Alcaldía convenios de colaboración entre o Concello de Vigo e Redondela para o abastecemento de auga o polígono industrial "Chan Das Pipas" e outro para establecer os termos de colaboración para o tratamento e eliminación das augas residuais da parroquia de Chapela e outras.

O concelleiro Xesus López salienta a repercusión en Vigo da regata "Le Solitaire du Figaro"

martes, 29 xul 2008

O concelleiro de Cultura, Xesus López, salientou este martes a repercusión que supón para Vigo que a regata Le Solitaire du Figaro realice unha das súas escalas na cidade. O edil nacionalista realizou estas declaracións no transcurso da recepción oficial do Concello ofrecida á delegación da regata que tivo lugar esta mañá no pazo de Castrelos, e na que tamén participou o presidente do Real Club Náutico, Franco Cobas.

Reunión coa Cooperativa do TAXI

martes, 29 xul 2008

O alcalde, Abel Caballero, reuniuse hoxe 29 de Xullo as 11:30 horas na Alcaldía coa cooperativa de taxis. Planteáronlle ao alcalde a posibilidade de cesión de solo público para a creación dun parque central para todos os taxistas. O modelo é similar ao de Zaragoza. "Teño unha magnífica impresión" subliñou o alcalde. "A cidade do automobil sería unha ubicación excelente pero a decisión da creación desta cidade ainda vai tardar" comunicuou o rexidor. Por outra banda Abel Caballero engadiu que "vamos a tratar de encontrar solo para esta cooperativa de interés público"

O Festival Aéreo do próximo ano podería ser retransmitido en directo por televisión

martes, 29 xul 2008

O alcalde, Abel Caballero, reuniuse hoxe 29 de Xullo as 12:30 horas na Alcaldía con Plabo Gónzalez e Leandro de Justo Suárez organizadores do Festival aéreo internacional de Vigo, para realizar unha valoración do evento. Comunicáronlle que o Festival Aéreo de Vigo " e o mellor festival de España" isto é o que lle transmiten as forzas armadas. Por outra banda o rexidor anunciou "que vamos a considerar que Vigo forme parte da Rede do Festival Aéreo Mundial". Tamén engadiu que "o ano que ben podería ser retransmitido por televisión en directo para eso se falará con TVE, TVG máis as locales xa que este evento ten unha audiencia espectacular".