Escoitar
Mobilidade e seguridade

Corte tráfico rúa Zamora e Pintor Colmeiro

luns, 28 xul 2008
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización da zona da rúa
Zamora, a realizar pola empresa MOVEXVIAL, estarán pechadas ao tráfico as rúas e treitos
seguintes: Zamora, treito entre Regueiro e Tarragona. Salamanca, treito entre Gran Vía e Barcelona,
con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 29 de xullo de 2008 ás 10:00 horas e por un
período aproximado de nove semanas.
Mentres dure o peche autorízase o dobre sentido na rúa Barcelona, treito entre Regueiro e
Tarragona.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construción de aparcamento
soterrado, a realizar pola empresa UTE DRAGADOS EXCONSA, estará pechada ao tráfico a rúa
Pintor Colmeiro, treito entre Hispanidade e o Cño do Regueiro, con acceso exclusivo para garaxes,
dende o martes 29 de xullo de 2008 ás 10:00 horas e por un período aproximado de oito meses.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.