luns, 28 xullo 2008

XVIII Mostra do Traxe Galego

luns, 28 xul 2008

O vindeiro sábado dia 9 de Agosto as 22:30 horas tera lugar na Praza de Compostela o XVIII MOSTRA DO TRAXE GALEGO, organizado pola Escola Municipal de Danza e Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. <br />

2º Campamento de verano Vigozoo<br />

luns, 28 xul 2008

O vindeiro campamento en Vigozoo será o 29 e 30 de xullo e contará cunha altísima participación cun total de 19 participantes para un máximo de 20 prazas ofertadas. Un total de dous días cheos de actividades, obradoiros, manualidades, xogos, rutas, visitas guiadas e por suposto pernoctando en tendas de campaña dentro do propio parque cunha visita noctuna incluída.

Pintura en Acción en Vigozoo

luns, 28 xul 2008

A pintora ferrolá Carmen Martín leva un a ano e medio desenvolvendo a súa "Pintura en Acción" a través de toda a xeografía galega. En total 12 horas seguidas de pintura en vivo, coas que achega a arte a lugares nos que non é habitual. Para ella é unha meneira de achegarse tamén a novos espazos, novos temas e novas xentes que reflexa nos seus lenzos durante un día enteiro.<br />